Xa que onte comentábavos algo sobre o concesionario Lambretta de Xixón, o noso primos-irmáns do Vespa Club de Asturias informannos dunha concentración que van facer o próximo fin de semana, o 1ro desafio Vespa Club Asturias - Lagos de Covadonga
"Unha vez máis, demos un paso cara a adiante e queremos que esta ruta convértase nunha das ineludibles para tod@s vosotr@s. Detallámosvos a información:
DATA DO EVENTO: 2 de xullo de 2011.
REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Acudir en Vespa ou Lambretta.
PREZO: Socios Vespa Club de Asturias 10 euros. Non socios, 15 euros.
Vespa Club de Asturias é consciente de que non é o mellor momento. tratamos de axustar o prezo ao máximo.
QUE INCLÚE O PREZO?: Ademais da acreditación para subir ese día aos Lagos de Covadonga en Vespa ou Lambretta * , a inscrición inclúe unha bolsa/mochila e camiseta conmemorativa de agasallo, un bollu preñau "especial VCA", refresco, espicha no lago Ercina (servida polo bar-restaurante María Rosa) e máis dunha sorpresa que non vos imos a desvelar.
* -Dentro do Parque Nacional Picos de Europa visitaremos e faremos parada no primeiro lago (Enol). Para subir ao segundo lago (Ercina) , onde se celebrará a espicha asturiana , cada participante deberá presentar a súa acreditación aos responsables do Parque Nacional Picos de Europa.-
COMO PODO APUNTARME?: A inscrición formalizarase mediante ingreso ou transferencia bancaria da cantidade correspondente (imprescindible indicar nome e apelidos de cada participante no concepto da operación), no seguinte número de conta, que pertence a Cajastur: 2048 - 0159 - 31- 3404001289
ATA CANDO PODO APUNTARME?: As prazas son limitadas. O período de inscrición ábrese o día 23 de Maio e pecharase o 25 de Xuño ou cando se cubran as prazas dispoñibles .
PUNTO DE ENCONTRO: Escola Asturiana de Piragüismo (Arriondas), entre as 11.00 e as 12.00 (Sede puntuais, por favor).
Animámosvos a que vos sumedes ao 1er Desafío VCA. Lagos de Covadonga!!.
Ademais dese bo sabor de boca que deixa un día de paseo sobre dúas rodas, cremos que merece a pena emular a épica reconquista de Pelayo nas montañas de Covadonga. Se cumprimos co desafío de levar as nosas Vespas e Lambrettas ata os Lagos de Covadonga, estamos preparados para tomar calquera recuncho de Asturias, a pesar da súa caprichosa orografía.
Será un día para gozar das scooters nun marco incomparable, cunha beleza natural que encandea e discorrendo por unhas estradas que nos farán gozar (ou sufrir?) aínda máis da nosa gran paixón.
O noso gran temor, como en cada saída, é a ameaza de choiva. Vespa Club de Asturias cre desde hoxe no deus Ra pero, se non escoitase as nosas pregarias e a choiva acompañase esa xornada, está xa determinada unha ruta, un destino e un restaurante alternativo. Rodaremos algo menos pero comeremos igual de ben.
Esperámosvos a todos. Un saúdo,
info@vespaclubasturias.com
A administración do Vespa Club de Asturias
Aloxamentos:
PicosDeEuropa.com"
Sinto non poder acompañarvos nesta ocasión, pero prometo acudir noutras edicións...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 29 de junio de 2011
I desafio Vespa Club Asturias - LAGOS DE COVADONGA
martes, 28 de junio de 2011
Encontreime con esta banda diseñada, do concesionario Lambretta de Xixón, no blogue Recuerdo Gijón:A protagonista é unha Lambretta e o gaviotu, unha personaxe da vida de Xixón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 27 de junio de 2011
Fotos da IV Escuterada Ourensana
O pasado sábado, arriesgámonos varios a achegarnos a Ourense a acompañalos amigos Avispados na sua IV Escuterada - II concentración Luso-Galaica.
E digo arriesgarnos porque coa onda de calor que pasamos, o meu coche chegou a marcalos 44º e iso que estaba na sombra.
Unha boa xornada de Vespas, Lambrettas, paella e bos amigos...
Espero que as disfrutedes:Eiqui tendes todalas demáis:
viernes, 24 de junio de 2011
A noite meiga, onde se queima o vello para dar paso ao novo, unha tradición que perdura nos tempos e que se converteu na Coruña en Festa de Interese Turístico Nacional.
Mirade como estaba esta noite as praias de Riazor e o Orzán, celebrando fogueiras de San Xoan:Déixovos que disfrutes dalgunhas fotos do momento pirotécnico:
Desafortunadamente hoxe levantámonos coa nova do falecemento de dous mozosna celebrazón das fogueiras na Coruña, un fin de festa amargo a verdade.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 23 de junio de 2011
IV Expoclasicos no FIMO de Ferrol
A partires de mañá e ata o domingo (24 a 26 de Xuño) celébrase a 4ª edición de Expoclásicos, no FIMO (Feira Internacional de Muestas do Noroeste), recinto feiral situado na Malata - Punta Arnela (Ferrol).Expoclásicos é un salón monográfico dedicado aos vehículos clásicos e de época, así como repostos, xoguetes e publicacións relacionadas.
O recinto abrirá cos seguintes horarios:
Venres 24: de 16:30 a 21:00 horas
Sábado 25 e Domingo 26: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas
Aproveitando esta edición do Expoclasicos, celébrase o sábado 25 o 5º Rally de Ferrol de vehiculos históricos, que finalizará nas propias instalacións do FIMO, realizandose tamén unha proba de habilidade nun circuíto.
+ info:
- FIMO
- Escuderia Ferrol
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 22 de junio de 2011
II Concentración Vespa & Scooter Clasica de Zamora
Este sábado celebrase en Zamora a II Concentración Vespa & Scooter Clásica:Podedes vela ruta nesta ligazón.
Non fai falla inscrizón, pero estaria ben que vos apuntasedes enviando un mail, para saber coa xente que contan: vespaclubzamora@gmail.com
+ info:
- Vespa Club Zamora
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 21 de junio de 2011
Os amigos Avispados celebran este sábado a sua IV Escuterada Ourensá, que coincide tamén coa II XUNTANZA LUSO-GALAICA, onde se reunirán os escuteristas de ambolos lados da "raia?".Aquí teneis a información que facilitaron:
Terá lugar o SÁBADO 25 de Xuño, e O PROGRAMA SERÁ:
- 11:00 inscricións, en lugar aínda por determinar polo Concello.
- 12:30 paseo urbano polas rúas de Ourense
- 13:30 I Concurso paellero-vespero, onde terá lugar unha competición entre 3 dos máis afamados Chefs vespistas, e onde os comensais decidirán que paella é a gañadora
- 16:30 II Gymkhana Urbana O Termalismo na Chavasqueira, a elixir: o que non queira enfrontarse aos demais escuteristas no reto de ser o primeiro nun trepidante concurso en equipo polas rúas de Ourense, sempre se poderá relaxar nas cálidas augas das termas privadas máis antigas de Ourense (traer bañador e chanclas obrigatorias)
-18:30 paseo ata Barra de Miño, merenda e agasallos para os participantes
- 20:30 Finalización
En principio o programa está ideado para o sábado, pero se a algún escuterista fáiselle curto o día ou tarde para regresar á súa morada, e opta por quedar a durmir en Ourense, terá unha ampla variedade de plans nocturnos.
Comezará a noite no Pub Ouren Rock, onde celebraremos unha festa escuterista, e onde poderás ter opción a que che toque unha autentica Vespa de manillar de tubo, (nun sorteo que coincidirá co sorteo de Nadal); e para esa noite contamos con máis plans, coincidindo coas Festas Locais celébrase o Festival Derrame Rock, concerto gratuíto de Mercés Peón ás 22:00h na Praza Maior, sesión de termalismo nocturno.
O vídeo promocional é unha autentica marabilla:
ATENCIÓN: Contemplamos a posibilidade de aloxar aos participantes nun pavillón, de xeito gratuíto, en caso de contar cun nº mínimo de persoas.
PREZO: Ademais, e considerando que non estamos nos mellores tempos para andar gastando, axustamos o prezo de inscrición a VINTE EUROS (20 €), pero só aos 120 primeiros. Para iso recomendámosvos que vos inscribades canto antes, realizando o pago na seguinte conta corrente de Nova Caixa Galicia 2091-0471-37-3040002598 + info:
- foro avispado:
- Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 20 de junio de 2011
EuroLambretta Jamboree Irlanda 2011
Esta fin de semana (do 24 ao 26 de Xuño) celebrase en Killarney (Irlanda,) a edizón numero 22 do EuroLambretta Jamboree, a concentración mundial de Lambretta.+ info:
- Eurolambretta Jamboree
- Lambretta Club of Ireland
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 17 de junio de 2011
Novas escúteres eléctricas na Coruña
Esta tarde paseime á inauguración dunha nova tenda en Coruña, onde entre outras cousas, venden escúteres eléctricos.La Energia Verde, pretende ser un punto de referencia na cidade para poder acceder a todalas novidades en materia de enerxías alternativas, ofrecendo para o desprazamento, tanto escúteres como bicicletas eléctricas.
+ info:
- LaEnergiaVerde.es
Fai un tempo que vira que existían uns kits especiais para montar a unha Vespa clásica e convertela en eléctrica, situando as baterias en substitución do depósito e tendo que cambiala transmisión, detalle que non a facía demasiado notable
O problema era o prezo do kit... sobre 4000 dolares, agora, tendo en conta que o dono de La Energia Verde comentoume que o prezo da escúter eléctrica, unha vez aplicadas as subvencións, estará sobre os 2500 euros, confio que en breve ese tipo de kits estandaricense e baixen de prezo e podamos gozar deica pouco das nosas queridas escúter clásicas pero máis ecolóxicas, isto é, eléctricas.
A vantaxe parece que agora xa empezan a darse conta da importancia disto xa que os kits xa se ofertan por 1999 desbastares (Sound Spedd Scooters)Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 16 de junio de 2011
Fotos con historia: Pepe desde Lugo
Continuando coa Campana de recuperazón da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, chegaron ao meu poder estas fotos dun familiar de Lugo:
Estas fotos son de agosto do 66, e nelas vense a Pepe coa sua muller, Carmen, e coa sua primeira Vespa, respectivamente.
Pepe nun motocarro na praza de Ferrol:Moitas grazas polas fotos...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 15 de junio de 2011
The Mod Pit Scooter Weekend en León

O próximo fin de semana (do 17 ao 19 de Xuño) celebrase en León, The Mod Pit Scooter Weekend.Un fin de semana con escúteres, musica mod e moito máis.
+ info:
- Facebook do City Light ScooterClubVespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 14 de junio de 2011
Panrico, empresa que comercializa a bolería Qé!, metese agora no sector salado con outros produtos con sabor Pizza e Napolitana, e como non, con eses sabores "tan" italianos, que mellor que publicitalos cunha Vespa:Eiquí tendes o video da campaña:
E este é o making of, onde apreciase perfectamente a Vespa utilizada:Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 13 de junio de 2011
Fotos II Mercadillo Trastos Bellos cidade de Lugo

O pásado sábado acerqueime a Lugo a disfrutar do II Mercadillo de Trastos Bellos e, comparado coa edición anterior, este ano houbo un pouco máis de todo.
Dende xoguetes antigos:
Pasando por maquinaria:
Repostos:
motos clásicas:
e como non, escúteres:
O resto das fotos neste album:
viernes, 10 de junio de 2011

Fai casi un ano desta proba, e xa iba sendo hora de que a pubricase.
Agora que está na boca de todos o retorno da Vespa Px aos mercados, non podemos esquecernos doutra clásica que ocupou o oco que ésta deixou, os últimos tres anos, a LML.
Tiven a oportunidade de probar unha LML Star Deluxe 125 2T, e podovos garantir que, no caso de ter que decantarme por unha escúter con imaxe clásica pero nova, esta sería unha moi boa opción.
O máis destacable, en comparación coa miña 160 clásica, é, por suposto, o freo de disco dianteiro, máis que eficaz.O único que lle notei foi a falla de potencia ao apurar un pouco as marchas, pero é normal ao ser un motor de 125 cc de dour tempos, equipado cun catalizador.
Polo demáis, todo perfecto, boa condución, comodidade e posición dos controis.Xa vos digo, unha moi boa opción a ter en conta, validado tamén pola sua calidade-prezo.
Grazas Xose Manuel pola oportunidade de probala.+ info:
- LML España
Non me vou meter en describilas características da LML porque iso podedes consultalo directamente na sua web, onde ademáis poderedes ver os orixinais diseños que nos ofrecen.Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España