O vindeiro sábado día 30 de Xullo, terá lugar a 4ª edición da Scooterada Vilagarciá, que se celebra en Villagarcia de Arousa (Pontevedra), o ultimo fin de semana do mes de Xullo cada dous anos.
A Alameda desta localidade empezará a recibir, a partir das 16:30 horas, a todos os inscritos para arrincar, sobre as 18:00 horas, a realizar unha ruta en escúter duns 60 kms, onde se visitará a localidade pontevedresa de Combarro.
Un percorrido por este pobo costeiro e un aperitivo-merenda, complementará a ruta.
Sobre as 21:30 horas darase comezo á cea de confraternidade no salón de actos do Liceo Casino de Vilagarcia.
O fin de festa complementarase con sorteo de agasallos, entrega de premios e a proxección do vídeo da 3ª edición e, o colofón final será o concerto do grupo pop independente Cooper.
O prezo da inscrición é de 30 € (preinscrición ata o 25 de xullo) e 35 € o día da concentración.
Esta cota inclúe Camiseta, parche bordado, VideoCd 3ª Scooterada, Aperitivo-merenda, Cea, concerto e sorteo de agasallos.
Tedes o resto da información de horarios, prezos de inscrición, forma de pago, sitios de visita, menú, concerto, aloxamentos, etc... na web oficial SCOOTERADA.COM
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 26 de julio de 2011
IV Scooterada Vilagarciana
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario