Desde o pasado luns arrincou un novo proxecto firme (que xa levaba un tempo fraguándose) na provincia de Pontevedra. A diferenza doutros talleres mecánicos, coas restauracións realizadas en Fábrica de Azucre, obterás motocicletas únicas e irrepetibles posto que cada unha delas leva incorporada a sabedoría e personalidade do equipo de artesáns-restauradores.
Uns artesáns en restauración de motos antigas, Fabrica de Azucar, que eles mesmos se definen:
"Fábrica de Azucar é unha empresa dedicada á Artesanía en Motos Clásicas, onde en cada unha das motos conxúgase a excelencia nos coñecementos mecánicos cunhas terminacións de alta calidade, que fan lucir ás motos como na súa primeira matriculación.
Segundo a Wikipedia:"A artesanía é un termo medio entre o deseño e a arte. Para outros é unha continuación dos oficios tradicionais, nos que a estética ten un papel destacado pero o sentido práctico do obxecto elaborado é tamén importante."
Grazas a este proceso de restauración artesán, única garantía de calidade nas restauracións, poderás se o desexas personalizar algúns aspectos da moto. Todo o proceso faise paso a paso e de modo manual, xa que logo pódense introducir personalizaciones ao longo do mesmo.
Eiquí tendes algunhas das máquinas que xa puidemos gozar nalgunha concentración:
Sorte Jesús, espero que vos vaia o mellor posible ....
+ info:
- FabricaDeAzucar.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 21 de noviembre de 2011
Fábrica de Azúcar, un novo referente en restauracións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario