O vindeiro domingo 26 de febreiro, celébrase en Cuntis (Pontevedra) o xa tradicional VESPALACÓN, co sobrenome de Apecalipsis!!! , con diversas novidades.
A principal é que este ano se celebran durante todo o fin de semana, comezando o sábado 25 coas inscricións a partir dás 18:00 h.
Realizarase unha ruta BARÍTIMA, con tapas a rebentar, que dará paso ao I VESPAGUATEQUE e festa de disfraces.
A partir das 22:00 h, conciertazo de "Os MESMOS" e sesión dj charramangueira con éxitos de Boney M, Alaska, Rafaella Carra, Sabrina, Pajares... e onde haberá premios para os charramangueiros disfrazados.
O domingo 26 as inscricións comezarán a partir das 10 da mañá na Praza de Galicia. Realizarase unha ruta Scutrerista de 19km con saída ás 12 da mañá.
A comida laconiana será a partir das 2 dá tarde con gran queimada final.
E coma sempre, petiscos, sorteo de vales para o Balneario... e un queixo de 10 kg para os que vingan disfrazados.
Desde a organización avisan de dúas cousas importantes:
1º Debido á gran demanda de racións, este ano o Concello de Cuntis decidiu que para quedar a comer, é necesario reservar no 986533600 antes do 24 de Febreiro.
2º Para os que desexen quedar a durmir xa o día 25 (recordade que temos vespaguateque con conciertazo de "os mesmos" e posterior festa charramangueira) temos bo prezo en casa Merchi: habitacións con tele e baño por 20 €. Pza. dás Árbores, 7 - tlf de reservas 986 548 184
Podedes levala folla de inscrición xa cuberta e así ahorradevos tempo:
Tamén a podedes descarregar desde esta ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 15 de febrero de 2012
IV Vespalacón
Etiquetas:
Concentracións,
Concentracións galegas,
Lambretta,
Pontevedra,
Vespa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario