Pois si, téñovos que dar as grazas aos 5.000 amigos de Facebook porque grazas a tod@s conseguín chegar a esa cifra.

Pois si, téñovos que dar as grazas aos 5.000 amigos de Facebook porque grazas a tod@s conseguín chegar a esa cifra.
VI Ruta internacional de motos antigas "Terras de Padrón"
Chega a primeira das concentracións de motos clásicas do calendario galego.
O próximo 1 de maio, celébrase en Padrón (A Coruña), a VI Ruta internacional de motos antigas "Terras de Padrón".
Pódense unir as aficións: Vespa e Kayal
Está claro que o reducido tamaño dunha Vespa non é excusa suficente para alguns para transportar obxetos dunha gran lonxitude. Neste caso atopeime a este vespeiro, que uniu o uso da sua Vespa, con outra afición, o Kayak:
Outra tacada de tatuaxes escuteristas
Para ambientar un pouco este sábado chuvioso, que mellor que un pouco de música.
Daystar é unha banda de rock indie procedentes de Manchester, que parece que non ten nada que ver coas nosas queridas escúteres, ata que ves este vídeo:
Preciosas imaxes inspiradas nos famosos Mii ...
+ info:
- Web oficial de Daystar
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Outra de tatuaxes escuteristas
Eiquí tendes unha nova tacada de tatuaxes escuteristas para a colección:Dentro de pouco mostrareivos o que me fixen eu ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
O pasado sábado 7 de abril, gozamos dunha boísima 2ª edición da Vesparraida en Portonovo (Pontevedra).
E ata alí desprazámonos unhas 70 escúteres e 12 coches clásicos, para compartir unha boa xornada, un bo xantar na Festa dá Raia, un paseo en barco ata a Illa de Ons e unha estupenda xornada de vesparranda nocturna.
Eiquí tendes un claro exemplo das preciosas máquinas das que poidemos gozar:E nesta ligazón tender o resto de fotografias dos vehículos asistentes.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Este venres comeza o 3º Burgos Scooter Fest, Camiño do Desterro e pretende ser unha boa alternativa ao fin de semana.Eu particularmente paseimo en grande o ano pasado, aínda que nesta edición creo que me resultará imposible pasarme por alí.
Amigos do Scooter Club Burgos, pasadeo en grande!!!!!!!!!!!
+ info:
- Web oficial 3º Burgos Scooter Fest
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Este sería o ovo perfecto para regalarlee a miña afillada:Disfrutade destes dias que, agardemos, faga bo tempo.
Lemosnos ao retorno da Vesparraida ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
O pasado verán, na miña visita a Roma, topeime con esta tenda de xoguetes na Piazza Venezia, na que vin este valo publicitario:
Roma + Vespa = Icono italiano.
+ info:
- Little Big Town
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España