Os amigos do Club Motos Vellas do Salnés, organizan o vindeiro domingo 12, a súa 15ª concentración "Motos Vellas do Salnés" en Cambados (Pontevedra).
Esta é a carta de presentación do evento:
Estimado/a Amigo/a:
Comprácenos invitarche, un ano máis á nosa concentración "Motos Vellas do Salnés". Este, é un ano especial para nós, xa que celebramos QUINCE ANOS de vida do noso Club. Por tal motivo e a petición de moitos de vós, volveremos á Carballeira de Ribadumia, onde se celebrará a comida de confraternidade.
Será o día 12 de Agosto, e comezará na Praza de Fefiñans en Cambados ás 9:00 da mañá, teremos un marabilloso percorrido por Cambados, Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa, facendo varias paradas para tomar diversos aperitivos. O percorrido será duns 40 km. Ao final da comida teremos entrega de premios e agasallos.
Como vimos facendo ultimamente só admitiremos motos fabricadas antes do ano 1970, é unha decisión tomada por todo o Club, intentando evitar o que se empeza a ver nalgunhas reunións, que se enchen de motos dos anos 80, desvirtuando o que cremos que debe ser unha concentración de motos antigas.
Gustaríanos contar coa túa presenza para dar maior realce á nosa reunión, e animámosche a que vingas co teu mellor maquina. Debido a que temos un aforamento limitado de 200 persoas na Carballeira de Ribadumia, pedímosche que realices unha preinscrición, segundo o modelo que che achegamos, que servirá para saber o número exacto de persoas que asistirán, e poder organizalo todo con maior perfección. Aconsellámosche así mesmo visitar o noso blog para obter máis información: http://motosvellasdosalnes.blogspot.com/
Recibe un cordial saúdo de todo o Club "Motos Vellas do Salnes".
Eiquí tendes a folla de inscrición, por se queredes levala cuberta:
+ info:
-
motosvellasdosalnes.blogspot.com
Desgraciadamente eu este ano non poderei asistir, pero procurade pasalo en grande....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario