Fai uns días empezou a pulular polas redes sociais esta imaxen dun Segway-Vespa:




Fai uns días empezou a pulular polas redes sociais esta imaxen dun Segway-Vespa:
Para terminar la semanita y empezar el finde con buena música, que mejor que este video de James Arthur en el que hace un guiño a las tribus urbanas, sin olvidarse de los Mods.
Non tiña eu poucas cousas nas que estaba metido e, non vai en tempo, arranco unha nova etapa agora en Twitter. Non sei se darame tempo para cubrires tantas redes sociais, pero intentarase. Invitovos a darvos unha voltiña por eiquí:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > EspañaNorabóa á ONCE polo seu 75 aniversario e a gran labor social que fan dia a día, e norabóa tamen por haber sido premiada co Principe de Asturias da Concordia 2013.
No catalogo de Mango Kids encontreime esta fantástica fotografía:
Vespulpada 2103 en Lugo (onde se non)
Un ano máis o Golfos Artabros Escuter Clube ímonos a cumprir unha tradición centenaria, ir xanatalo polbo ás festas do San Froilán en Lugo. Así levamos facendo varios anos e xa se converteu nunha costume esperada por moitos, isto conformou o que vimos chamando Vespulpada e, por suposto, está todo o mundo invitado a acompañarnos. A cita é o vindeiro domingo día 13 e sairemos da zona do Temple-Cambre sobre as 11:30 horas para facer a primeira parada, e reagrupamiento dos chegados da zoa de Ferrolterra, sobre as 12:00 horas en Betanzos. Continuaremos camiño de Lugo pola N-VI e esperamos facer a outra parada clásica na localidade de Baamonde-Begonte (Lugo) sobre as 13:30 horas. O xantar esta previsto ás 15:00 horas no restaurante Fonte do Rei I (Avda. de Madrid, 5) e alli temos previsto o seguinte menú: Primeiro: Choquitos á parrilla,luras á romana,e setas á plancha. Segundo: Pulpo con cachelos Incluíndo bebida, sobremesa a elixir,cafes e chupitos O prezo é de 20 euros por persoa e abonarase alí mesmo. Agradeceriámosvos a todos os que vos apeteza acompañarnos que nos avisásedes para reservar para todos os comensais, grazas. Teneis toda a información en Facebook no evento creado a tal fin. Xa sabedes o que din, para xantar Lugo e alí veremonos .... Vespa & Lambretta dedde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Cronica e fotos do 60 aniversario Vespa España
O pasado fin de semana, logo de desprazarme máis de 500 quilómetros na TX para asistir ao 60 aniversario de Vespa España só podo resumir a concentración nunha autentica decepción. Non quero facer feridas na iaga nin culpar a ninguén pero, na miña modesta opinión, o que prometía ser o evento do ano quedouse nunha concentración ao uso, máis ben normaliña. A falta de programa e actividades foi evidente e a escusa que me puxo algún organizador, que foi por culpa da choiva, pois que queredes que vos diga, en Galicia todos sabemos que chove bastante e aquí fanse concentracións todo o ano e, a min, iso non me vale coma desculpa. Espero que esta pequena crítica (constructiva sempre) valla para que algún se mire o ombrigo e pense no que se fixo e podíase facer e, algún dos detalles da propia organización (que a min persoalmente non me gustaron nadiña), non se repitan. É unha sensación moi estraña o ires a unha concentración como esta con toda a ilusión e estar desexando que se acabe para poder regresar a casa, cousa que foi o que me paso a min. Bo agora xa pasou e queda no recordo.... O único que vos podo aportar positivo son as fotos que saquei (que coñecéndome son moi poucas):
Un pouco máis tarde do habitual, pero máis vale tarde que nunca, os amigos do Club Vespa-Lambretta Ourense teñen organizado para o próximo fin de semana (21 e 22) a súa 6ª Scuterada que, como sempre, vai ser moi grande.
Juan e Diego, dous bos amigos vigueses, a lombos dos seus dous Vespas e 4500 quilómetros por diante de ruta por España.
Ese é a formulación inicial e o que queren realizar entre o 15 ao 30 de agosto. Eiquí tendes o rutómetro que esperan seguir, así que esperemos poder recibilos en todos os seus pasos.
Eiquí tendes o video promocional desta fantástica aventura:
Podedes seguir todala sua aventura en Facebook nesta ligazón Moitisimo ánimo amigos, estaremos seguíndovos día a día, sufrindo unha gran envexa (sa, iso si). Vespa & Lambretta dene Culleredo > A Coruña > Galicia > España
EscuteRafa, Memorial Rafa Blanco
O próximo fin de semana chega unha das concentracións clásicas do verán, a concentración dos amigos de Motos Vellas do Salnes, que este ano chega á súa 16ª edición, coa novidade de que convocan, para o sábado 10, unha "ScooteRafa", memorial Rafa Branco, na que farán un percorrido desde Cambados ata Caldas de Reis e volta, cunha parada en Caldas, para un pequeno acto e un pincho. A escuterada é gratuita, pero a preinscripción é obligatoria, para poder organizalo todo en función do número de participantes. O enlace para descargarse a folla de inscripción á scooterada é: Preinscripcion I Scooterafa
5ª GolfoEscuterada. Progama y cartel definitivo
Pois xa vai vento en popa a organización do programa de actos da 5ª GolfoEscuterada, aquí teneis o cartel definitivo:
Podedes ver todala información da V GolfoEscuterada neste evento do Facebook"VESPISTAS SOLIDARIOS" pódese definir como un movemento solidario organizado por escuteristas galegos, co fin de aportar o seu graniño de area a entidades beneficas sen ánimo de lucro, contribuíndo así cunha tarefa solidaria e altruísta á dificil situación que se vive hoxe en día e que se agraba máis, se cabe, cos máis desfavorecidos.
5ª GolfoEscutera no Temple-Cambre
O vindeiro 3 de agosto,o Golfos Artabros Escuter Clube, imos realizar nosa 5ª golfo-escuterada, no paseo marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).
Tamaño XS, pero ARTE en maiúsculas
Esto si que é arte.
Modelar estas maquetas e convertilas en tan reais é incrible.
Llega una nueva edición de la la VespaRaiada en Portonovo (Pontevedra)
Este año ha adquirido el estatus de Solidaria, ya que a lo largo de la jornada se recogerán alimentos no perecedos.
Aqui teneis el cartel y todo el programa de actos:
Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
O movemento mod (do inglés modernism -modernismo-) foi un movemento musical e cultural baseado na moda e a música que se desenvolveu en Londres, Reino Unido a finais da década de 1950 e que alcanzou a súa culmen durante a primeira metade da década de 1960. Os seguidores desta corrente foron coñecidos como mods, e localizábanse sobre todo no sur de Inglaterra, aínda que tamén eran numerosos en certas cidades do norte (como Manchester, ou ata Liverpool).
Os elementos máis significativos son a música, a moda e os escúteres.
Orixes
O movemento mod xurdiu no Reino Unido en 1958 promovido por adolescentes con relacións familiares co negocio da sastrería.
Estes mods primigénios eran de clase media e mostraban interese polas novas modas que chegaban do continente, tales como os traxes entallados italianos, e estilos musicais negros estadounidenses, como o modern jazz e o rhythm and blues.
Está moi estendida a crenza de que tanto mods como os seus rivais os rockers xurdiron a partir dos Teddy boys, unha subcultura que floreceu en Inglaterra nos 1950s. Os Teddy boys estaban influídos polo rock n' roll estadounidense, vestían con estilo eduardiano e lucían peiteados pompadour ou quiff.
Os mods estaban interesados, polo xeral, nos estilos do continente europeo: conducían escúteres italianas, bebían café expreso, cortábanse o pelo ao estilo francés e vían cine da Nova Ola. Frecuentaban os mesmos clubs londinenses que os estudantes franceses e estudaban as súas roupas. Os mods víanse a si mesmos como cidadáns de Europa ou do mundo, máis que como simplemente residentes británicos. Os modernistas tamén eran intelectuais, e lían aos poetas beat e aos escritores existencialistas.
A vestimenta dos mods sufriu algunhas modificacións a comezos dos 60. A chaqueta, feita a medida, levaba tres ou catro botóns e era de cor escura ou tonic. A camisa tiña polo xeral o pescozo curto de punta ou redondeado e os gemelos nos puños estaban moi de moda. O nó na gravata era estreito. Os mocasines podían ser en pel de cocodrilo e de diversas cores. A pinta máis casual era a camiseta co laurel de Fred Perry, jeans Levi's con pequenos dobleces, as "Desert Boots" de Clarks, "Bowling Shoes" e camisa Ben Sherman. Para protexerse da intemperie durante as viaxes na escúter, levaban unha parka, adornada de símbolos mods como flechas, dianas e bandeiras británicas.
A Lambretta serie 3, a TV ou a Special e Vespa GS eran os modelos máis utilizados e sobre as que lle instalaban numerosos accesorios.
Obviamente existía tamén a versión feminina do mod: a modette. Inicialmente vestía roupa un pouco masculina como o "xta press" Levi's, camiseta Perry e mocasines. Cara ao ano 65, a pinta das mod girls foi influída pola difusión do "pop art". Nacían os vestidos enteiros ou a tres pezas," decorados con formas geométricas e con cores moi vivas. O estilo tamén se caracterizaba polo corte de cabelo: liso, coa raia no medio ou corte tipo casco ou Bob
A partir de 1.966 o fenómeno modernista vive cambios notables. Reivindicando a orixe obreira do movemento contra a apertura cara á clase media, estaban os hard mods. Lonxe da influencia psicodélica do "Swinging London", estes levaban unha pinta máis casual con camiseta Lonsdale e botas. Preferían escoitar o ska orixinal e logo frecuentarían os clubs de northern soul de Wigan.
A aparición na escena musical dos Jam de Paul Weller, autores dun enérxico power pop que non despreza os elementos blues e soul, revigorizó o modernismo. O "Modfather", como chaman a Weller, é sempre un modelo a imitar: moitos comezan a usar buzos decorados con flechas e os zapatos cocacolos.
Estamos no 79, en pleno mod revival. Nos cines presentan Quadrophenia, largometraje de F. Roddam producido polos Who. Malia as críticas dos máis ortodoxos que sinalan algunhas imperfeccións estilísticas, a película reconstrúe a vida modernista dos anos 60, evidenciando os diversos aspectos e puntos débiles do complexo fenómeno. Así, nos anos 80, parka, escúteres e traxes elegantes florecen en numerosos eventos organizados en toda Europa. Xorden novas bandas como os Chords, Secret Affair e Purple Hearts.
En 1989, a tradición modernista foi redescubierta no novo contexto do "acid jazz", que, a diferenza do anterior "Mod revival", mantivo vivo o espírito progresista que sempre foi o verdadeiro corazón do movemento Mod. O principal desta cuarta ola Mod é a súa integración do espírito progresista coa tradición: usan roupa actual baseada na moda dos 60, e oen música actual que recolle estilos e instrumentos dos 60, á vez que gozan a moda e música orixinal. Ademais hai moitas posibilidades para un mod actual: trinta anos de existencia dunha cultura xuvenil deu orixe a moitas variacións, cada unha definida por estilos de roupa e preferencias musicais.
O ideal mod nunca morreu, simplemente se reinventó a si mesmo de diferentes formas: desde o Londres de finais dos 50, cos beatniks de Soho e o seu gusto polo bebop, e desde os elegantes mods de comezos dos 60 ata a aparición dos movementos skinhead e suedehead que inspiraron a música e o estilo de bandas dos 80 como Madness, the Beat e the Specials. Está presente tamén na escena británica do northern soul, que viu a miles de mozos no norte de Inglaterra dedicar as súas vidas a comprar os máis raros discos de soul norteamericano; os soulboys de Essex de finais dos 70, os casuals de roupa deportiva de comezos dos 80 e a escena do acid house de finais desa década. Os mods aínda viven, en moitos discípulos do hip hop que usan a pinta dos primeiros modernistas do jazz. Diferentes nomes, diferentes roupas, diferentes discos, pero todos unidos por unha perspectiva singular do seu estilo de vida.
Filosofía de vida
Practicaban unha filosofía de "vida limpa baixo circunstancias difíciles". Querían ter só o mellor do mellor: a mellor música, a mellor roupa, os mellores libros, o mellor medio de transporte... que de cando en cando son os máis caros ou os máis populares, aínda que poden selo ocasionalmente.
Avanzar e aprender" son as palabras craves da esencia modernista. Conceptos como movemento, acción e creación estaban ben arraigados na mente dos mods e concretábanse en desprazamentos frenéticos dunha parte a outra da cidade.
O "avanzar" implicaba a procura do que puidese estar na vanguardia musical ou de vestuario, para despois abandonalo cando se facía masivo e banal. Soamente deste xeito podíanse mergullar no estilo de vida modernista, cultivándoo e afinándoo progresivamente e confrontándose cos máis sofisticados.
Isto significaba "aprender".
Articulo visto en Taringa: Tribus y Grupos Sociales [Post 2]
Y despois de ler isto creo firmemente que eu tamén son un Mod!!!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Unha escúter para encender pasións
Unha nova frikada que me regalaron, un precioso chisqueiro tipo zippo, da marca Italian Scooter, coa imaxen dunha Lambretta.
Precioso!!!!
Grazas Tony pola sorpresa ...
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Acabo de ver estas preciosas zapatillas pintadas a mán obra de 919 pasos.
Unha auténtica preciosidade!!!!
+ info:
- Blog 919 pasos
- Facebook 919 pasos
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
Morriña Retro é unha tenda situada en Vilagarcía (Pontevedra), onde se poden atopar artigos de agasallos de estilo Retro.
Ata alli achégueme recentemente para saudar aos seus propietarios e ver que curiosidades podía atopar e, a verdade é, que teñen un bo arseal de frikadas escuteristas:
E, como non, púidome a miña paixón e regáleme unha preciosa reproduccion dunha Lambretta patinete:
Así que xa sabedes, tendes un novo punto de encontro para localizar ese obxecto de agasallo distinto que, cun estilo retro, abarrota as suas estanterías e escaparete
Alí teredess a Susana, que vos atenderá en todo o que necesitedes (Un saúdo Su)
E aproveitando, para que a xente de Morriña Retro descríbanse, utilizarei as súas propias palabras:
"Afirman as biblias do noso tempo, que non son outras que as revistas e os blogs de tendencias, que o máis en grao sumo en cuestión de moda é o retro, a estética vintage.
En Vilagarcía, desde fai un par de meses funciona unha tenda de agasallos e complementos orientada claramente, e desde o seu propio nome, a esa tendencia. Morriña Retro, que así se chama, é o paraíso do vintage e da originalidad.
A súa propietaria, Susana Moreira, afánase por descubrir aquí e alá, en exclusivos catálogos e en distribuidores internacionais, pezas en grao sumo orixinal que, chegadas estas datas, convértense nunha máis que interesante opción para este ano eludir a manida gravata ou o inevitable perfume á hora de suscitarse un agasallo navideño.
O abanico de posibilidades é en grao sumo variado, para todo tipo de públicos e idades e difícilmente descriptible, tal é a cantidade de sorprendentes opcións que desde Morriña Retro ofrécense.
Bolsos de viaxe ao máis puro estilo retro, reloxos de parede sobre vinilos ou sobre bólas de espellos, espertadores con iconos do mundo do cine ou da música, felpudos con inscripciones en grao sumo simpático, huchas de mil formas, originalísimas cuncas, replicas de coches e de motos antigas, caixas de metal? calquera obxecto pode ter cabida sempre que evoque con gusto ou con humor aqueles marabillosos anos.
A pesar do pouco tempo que leva aberta a tenda, Morriña Retro xa ten os seus ?grandes éxitos?, como a cunca en forma de cubo Rubik, o cenicero iPhone, os posavasos de vinilo, os robots articulados ou os juguetes de Star Wars.
O establecemento tamén conta cunha sección dedicada ao textil, cunha oferta de camisetas decoradas con ilustracións e motivos setenteiros e ochenteros así como chubasqueros coa mesma estética, e outra dedicada á bisutería.
Morriña Retro incorporou recientemente á súa oferta a venda de discos en formato de vinilo, así como algúns instrumentos musicais de segunda man.
Ademais dos artigos expostos os clientes teñen tamén a posibilidade de realizar pedidos a partir dunha serie de catálogos especializados en agasallos e complementos retro.
Unha visita a Morriña Retro é algo así como un divertido salto no tempo, o que garante unha boa dose de sorpresas e seguro que tamén algúns sorrisos."
+ info:
- Morriña Retro en Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España