martes, 21 de junio de 2011


IV Escuterada Ourensana

Os amigos Avispados celebran este sábado a sua IV Escuterada Ourensá, que coincide tamén coa II XUNTANZA LUSO-GALAICA, onde se reunirán os escuteristas de ambolos lados da "raia?".

Aquí teneis a información que facilitaron:

Terá lugar o SÁBADO 25 de Xuño, e O PROGRAMA SERÁ:

- 11:00 inscricións, en lugar aínda por determinar polo Concello.
- 12:30 paseo urbano polas rúas de Ourense
- 13:30 I Concurso paellero-vespero, onde terá lugar unha competición entre 3 dos máis afamados Chefs vespistas, e onde os comensais decidirán que paella é a gañadora
- 16:30 II Gymkhana Urbana O Termalismo na Chavasqueira, a elixir: o que non queira enfrontarse aos demais escuteristas no reto de ser o primeiro nun trepidante concurso en equipo polas rúas de Ourense, sempre se poderá relaxar nas cálidas augas das termas privadas máis antigas de Ourense (traer bañador e chanclas obrigatorias)
-18:30 paseo ata Barra de Miño, merenda e agasallos para os participantes
- 20:30 Finalización

En principio o programa está ideado para o sábado, pero se a algún escuterista fáiselle curto o día ou tarde para regresar á súa morada, e opta por quedar a durmir en Ourense, terá unha ampla variedade de plans nocturnos.

Comezará a noite no Pub Ouren Rock, onde celebraremos unha festa escuterista, e onde poderás ter opción a que che toque unha autentica Vespa de manillar de tubo, (nun sorteo que coincidirá co sorteo de Nadal); e para esa noite contamos con máis plans, coincidindo coas Festas Locais celébrase o Festival Derrame Rock, concerto gratuíto de Mercés Peón ás 22:00h na Praza Maior, sesión de termalismo nocturno.

O vídeo promocional é unha autentica marabilla:



ATENCIÓN: Contemplamos a posibilidade de aloxar aos participantes nun pavillón, de xeito gratuíto, en caso de contar cun nº mínimo de persoas.

PREZO: Ademais, e considerando que non estamos nos mellores tempos para andar gastando, axustamos o prezo de inscrición a VINTE EUROS (20 €), pero só aos 120 primeiros. Para iso recomendámosvos que vos inscribades canto antes, realizando o pago na seguinte conta corrente de Nova Caixa Galicia 2091-0471-37-3040002598

+ info:

- foro avispado:
- Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 20 de junio de 2011


EuroLambretta Jamboree Irlanda 2011

Esta fin de semana (do 24 ao 26 de Xuño) celebrase en Killarney (Irlanda,) a edizón numero 22 do EuroLambretta Jamboree, a concentración mundial de Lambretta.

+ info:

- Eurolambretta Jamboree
- Lambretta Club of Ireland

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 17 de junio de 2011


Novas escúteres eléctricas na Coruña

Esta tarde paseime á inauguración dunha nova tenda en Coruña, onde entre outras cousas, venden escúteres eléctricos.

La Energia Verde, pretende ser un punto de referencia na cidade para poder acceder a todalas novidades en materia de enerxías alternativas, ofrecendo para o desprazamento, tanto escúteres como bicicletas eléctricas.

+ info:

- LaEnergiaVerde.es

Fai un tempo que vira que existían uns kits especiais para montar a unha Vespa clásica e convertela en eléctrica, situando as baterias en substitución do depósito e tendo que cambiala transmisión, detalle que non a facía demasiado notable


O problema era o prezo do kit... sobre 4000 dolares, agora, tendo en conta que o dono de La Energia Verde comentoume que o prezo da escúter eléctrica, unha vez aplicadas as subvencións, estará sobre os 2500 euros, confio que en breve ese tipo de kits estandaricense e baixen de prezo e podamos gozar deica pouco das nosas queridas escúter clásicas pero máis ecolóxicas, isto é, eléctricas.

A vantaxe parece que agora xa empezan a darse conta da importancia disto xa que os kits xa se ofertan por 1999 desbastares (Sound Spedd Scooters)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 16 de junio de 2011


Fotos con historia: Pepe desde Lugo

Continuando coa Campana de recuperazón da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, chegaron ao meu poder estas fotos dun familiar de Lugo:

Estas fotos son de agosto do 66, e nelas vense a Pepe coa sua muller, Carmen, e coa sua primeira Vespa, respectivamente.

Pepe nun motocarro na praza de Ferrol:

Moitas grazas polas fotos...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 15 de junio de 2011


The Mod Pit Scooter Weekend en León


O próximo fin de semana (do 17 ao 19 de Xuño) celebrase en León, The Mod Pit Scooter Weekend.

Un fin de semana con escúteres, musica mod e moito máis.

+ info:

- Facebook do City Light ScooterClub

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 14 de junio de 2011


Qé! ... Vespa

Panrico, empresa que comercializa a bolería Qé!, metese agora no sector salado con outros produtos con sabor Pizza e Napolitana, e como non, con eses sabores "tan" italianos, que mellor que publicitalos cunha Vespa:

Eiquí tendes o video da campaña:



E este é o making of, onde apreciase perfectamente a Vespa utilizada:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 13 de junio de 2011


Fotos II Mercadillo Trastos Bellos cidade de Lugo

O pásado sábado acerqueime a Lugo a disfrutar do II Mercadillo de Trastos Bellos e, comparado coa edición anterior, este ano houbo un pouco máis de todo.

Dende xoguetes antigos:

Pasando por maquinaria:

Repostos:

motos clásicas:

e como non, escúteres:



O resto das fotos neste album:



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España