viernes, 29 de julio de 2011


Máis fotos con historia: Meu sogro nunha Vespa

Seguindo coa Campaña de recuperazón da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, hoxe traiovos unha foto de finais dos 60 do século pasado, que me toca moi de cerca..

O meu sogro nunha GS:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 28 de julio de 2011


Vespeeed by Devil Inside Cycles

No número 15 da revista El Diablo Magazine,encontreime con esta preparazón chamada Vespeeed:

Unha preparación moi persoal creada por Devil Inside Cycles en León.

O mesmo que vos comentei coa Vespa de onte, para gustos pintan cores...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de julio de 2011


Para gustos ... pintanse cores

Esa é unha máxima universal, e o dono desta Vespa tomaouno ao pe da letra ...

A verdade é que te pode gustar máis ou menos, pero non deixarate indiferente.

Será por cores ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de julio de 2011


IV Scooterada Vilagarciana

O vindeiro sábado día 30 de Xullo, terá lugar a 4ª edición da Scooterada Vilagarciá, que se celebra en Villagarcia de Arousa (Pontevedra), o ultimo fin de semana do mes de Xullo cada dous anos.

A Alameda desta localidade empezará a recibir, a partir das 16:30 horas, a todos os inscritos para arrincar, sobre as 18:00 horas, a realizar unha ruta en escúter duns 60 kms, onde se visitará a localidade pontevedresa de Combarro.

Un percorrido por este pobo costeiro e un aperitivo-merenda, complementará a ruta.

Sobre as 21:30 horas darase comezo á cea de confraternidade no salón de actos do Liceo Casino de Vilagarcia.

O fin de festa complementarase con sorteo de agasallos, entrega de premios e a proxección do vídeo da 3ª edición e, o colofón final será o concerto do grupo pop independente Cooper.

O prezo da inscrición é de 30 € (preinscrición ata o 25 de xullo) e 35 € o día da concentración.

Esta cota inclúe Camiseta, parche bordado, VideoCd 3ª Scooterada, Aperitivo-merenda, Cea, concerto e sorteo de agasallos.

Tedes o resto da información de horarios, prezos de inscrición, forma de pago, sitios de visita, menú, concerto, aloxamentos, etc... na web oficial SCOOTERADA.COM

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 22 de julio de 2011


Escomencemos o finde cun pouco de música

Agora que finalmente parece que vai comenzalo bo tempo (eso espero), un pouco de música para ir ambientando o fin de semana a todolos que vades ir "Pola estrada":



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 21 de julio de 2011


San Miguel 0,0, outra vez...

Pois parece que aos creativos de San Miguel gustanlle as escúteres clásicas, porque despois do anuncio da San Miguel 0,0 Mazá da que vos falara fai un tiempo, agora presentannos o seu novo anuncio da sen alcol, celebrando os 10 anos que levan no mercado:




Como vedes no video podemos disfrutar de varias Vespas e Lambretta e unha Tatrán, curioso a verdade..

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 20 de julio de 2011


Cortefiel tamén usa o encanto dunha Vespa clásica

O catálogo de verán de Cortefiel tamén regalanos unha boa utilizazón dunha Vespa clásica para publicitalos seus conxuntos:

+ info:

- Cortefiel.com

Grazas Victor pola pista ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España