viernes, 15 de febrero de 2013


Retro Galicia 2013

A partires de hoxe e ata o domingo, poderemos disfrutar no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela (A Coruña), da 3ª edición da xa consolidado coma Salón do Vehículo Clásico e de Época, RETRO GALICIA

Animovos a achergarvos a disfrutar dunha boa fin de semá de automoción clásica ....

Pero recordade que o domingo, alí cerquiña, concretamente en Cuntis, celebrase o Vespalacón e alí si que nos veremos ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 5 de febrero de 2013


VespaLacón 2012+1 (16 e 17 de febreiro)

Chega de novo unha das citas máis divertidas do calendario escuterista galego, o VESPALACÓN e alí estaremos para gozar cos amigos do ScutreClú e demais amigos escuteristas.

Tal e como consolidaron o ano pasado, comezarán o Sábado 16 de febreiro, pola noite, cun VespaGuateque, presentando a actuación da estrela setenteira Karina (si si, a de verdade, a do baúl dos recordos ...) O día grande do Vespalacón, o domingo 17 de febreiro, vaise a realizar un ruta duns 19 kms, pasando por Cuntis, A Casiña, Arcos, Ducío, Loureiro, Portela, Anllada e regreso a Cuntis. No transcurso da ruta farase unha parada en Arcos, para visitar o único cemiterio soterrado de toda Galicia... (e tal e comos advírtennos os amigos do ScutreClú: "dá cosiña".
Ó voltares en Cuntis, gozaremos dunha maxilaconada na XVI Festa do Lacón con Grelos.
IMPORTANTE!! Se quéresdes quedar a xantar É OBRIGATORIO RESERVAR previamente no telefono 986 533 600 (Departamento de Cultura do concello de Cuntis). + info: - Vespalacón.com - ScutreClú en Facebook - Turismo de Cuntis Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 23 de enero de 2013


Exposición AS MOTOCICLETAS NA HISTORIA DO SALNÉS

Unha moi boa inciativa por parte dos amigos do Club Motos Vellas do Salnés, inaugúrase este domingo en Cambados (Pontevedra)

A exposición "AS MOTOCICLETAS NA HISTORIA DO SALNÉS", estará instalada ata o 10 de febreiro na Antiga Fábrica de Pena, en Cambados. Nela poderanse ver preto de cen exemplares, todos eles con máis de corenta anos de vida e que, nalgún caso, roldarán os cen anos de historia. Haberá catro grandes grupos de motos: · Nacionais (Bultaco, Montesa...) · Estranxeiras (Harley Davidson, BMW, ...) · Motos con Sidecar (Jawa, Derbi, Royal Einfield...) · Scooters (Lambretta e Vespa) Neste último bloque, estará exposta a colección completa de Vespas do noso gran amigo, recentemente falecido, Rafa Blanco. Ademais dos catro bloques principais, haberá un espazo reservado para as motos do club participantes no Campionato Galego de Velocidade (Motos GP e Scooter) e outro espazo reservado para motos sen restaurar ou en proceso de restauración, para que os profanos na materia poidan ver como atopamos as motos e como quedan tralo proceso de restauración. Recordade, dende o 27 de xaneiro ata o 10 de febreiro de 2013, cos seguintes horarios: - De Mércores a Sábado de 16:00 a 20:00 horas - Domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas E si a propia exposición é moi interesante, o recinto onde se celebra non se queda atrás, xa que a Antiga Fábrica de Pena é unha nave, foi, no seu momento, unha fábrica de conserva, e, actualmente esta totalmente restaurada e dedicada a salón de congresos e exposicións. Conta cunha superficie duns 700 m2 nunha soa planta diáfana. Fonte: MOTOREINA (Peña de amigos de la moto clásica) Asi que é unha boa escusa para gozar dun pouco da historia da motocicleta, e aproveitar, de paso, para visitar aos amigos .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 22 de enero de 2013


V INVERNOVESPA

Este fin de semana celébrase unha nova edición da xa clásica concentración invernal galega, o Invernovespa. Como en anos anteriores celebrarase na localidade de Melide (A Coruña).

O domingo día 27 concentrarémonos no Pazo de Congresos de Melide (A Coruña) a partires das 11 horas, onde se iniciarán as inscripcións dos participantes. Inscripción: 12 € (inclúe xantar) Ás 13 horas arrincaremos en ruta polas rúas de Melide e daremos un pequeno paseo pola zoa. 14:30 horas xantar no Hotel-Restaurante Carlos 96 Menú: Caldo Galego Tenreira Asada / Cordeiro Prostre Café Bebida 16:00 horas entrega de trofeos, ós clubes participantes. 17:00 horas remate da V Invernovespa. O programa para o sábado aínda non se pechou,pero posiblemente incluirá unha visita ao museo Terra de Melide e un paseo nocturno con antorchas, ademáis da cea. Eiquí tendes a folla de inscripción, rogamos que a traiades cuberta:
Vemonos en Melide .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 11 de enero de 2013


II ENCUENTRO VESPA CLUB DE GALICIA

Segndo informa o Vespa Club de Galicia, o próximo domingo, 13 de xaneiro de 2013, celebrarán o seu II Encontro, polo que informaron a todos os seus socios (e eu fago extensivo a todos os seus simpatizantes), co seguinte mail: Estimado@ Soci@: O VESPA CLUB DE GALICIA organiza este segundo encontro xa cos seus asociade@s. celebrando unha saída que terá lugar o vindeiro domingo, 13 de xaneiro, desde Vigo- Pontevedra-Ourense ou A Coruña ata Cerdedo (Pontevedra), onde vos faremos entrega do voso carnet e material de bienvenida. L@s que saímos desde Vigo, farémolo ás 09.30 horas da cafetería Momper (Av. Florida, 52) en Vigo, para dirixirnos cara a Redondela pola N-552 e, desde alí, cara a Pontevedra; onde conectaremos con l@s asociade@s da capital de Lérez sobre as 10.30 horas, para seguir circulando pola estrada de Ourense ata o restaurante Ou' Comareiro (rúa Ourense, 12) en Cerdedo. L@s que participen, deben recordar que as motos deben estar en orde de marcha, con seguro obligatoorio e ITV ao día. Rogámosvos que sigades as instrucións dos organiozadores, que levarán un chaleco distintivo ao efecto. O itinerario proposto é: https://maps.google.es/maps/ms?msid=211604788969633811244.0004d2b1244dbd3ab2d0d&msa=0&ll=42.37473%2C-8.566545&spn=0.354574%2C0.837021 Nese local, comentarémosvos con máis detalle os pasos dados polo VESPA CLUB DE GALICIA, así como invitarémosvos a un refresco, para, ao finalizar facer unha foto de familia nun lugar moi próximo e regresar a comer ao momento de orixe de cada cal. CONTAMOS CON TOD@S VOSOTR@S. Queremos a vosa participación, suxestións e apoio. Calquera dos membros da directiva estará á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que teñades. Doutra banda, si algun@ non pode vir e quérenolo comunicar con anticipación, está aberta esta liña de comunicación por correo electrónico para que o faga. Si algun@ de vosotr@s non quere desprazarse ata Vigo e prefire saírnos ao encontro, por favor, enviade un aviso por Messenger ou ben a vespaclubdegalicia@hotmail.com co fin de coordinarnos. Solicitámosvos que l@s que saiades da Coruña, Ourense ou outro punto calquera, procuredes organizarvos en grupos próximos e, en todo caso, comuniquédesnos onde conectaredes co resto do grupo, si é nun lugar distinto ao destino en Cerdedo. Desexando poder saudarvos personalmente, A directiva do VESPA CLUB DE GALICIA Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 20 de diciembre de 2012


Antes de que remate o mundo, Bo Nadal

En vísperas do fin do mundo non podo liscar sen despedirme e felicitarvos a todos o nadal (esperemos poder disfrutala jajajaja)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 5 de diciembre de 2012


Purple Weekend en León

Esta fin de semá celebrase unha nova edición do Festival Purple Weeken en León.

Musica, feira, exposicións e uhna scooter run fundese para concentralo máis puro estilo mod á capital leonesa. Eiqui tendelo programa de actos que, como vedes, é compretiño:
+ info: - Festival PurpleWeekend.com Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España