viernes, 9 de agosto de 2013


Volta a España en Vespa 2013

Juan e Diego, dous bos amigos vigueses, a lombos dos seus dous Vespas e 4500 quilómetros por diante de ruta por España.

Ese é a formulación inicial e o que queren realizar entre o 15 ao 30 de agosto. Eiquí tendes o rutómetro que esperan seguir, así que esperemos poder recibilos en todos os seus pasos.

Eiquí tendes o video promocional desta fantástica aventura:

Podedes seguir todala sua aventura en Facebook nesta ligazón Moitisimo ánimo amigos, estaremos seguíndovos día a día, sufrindo unha gran envexa (sa, iso si). Vespa & Lambretta dene Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 6 de agosto de 2013


EscuteRafa, Memorial Rafa Blanco

O próximo fin de semana chega unha das concentracións clásicas do verán, a concentración dos amigos de Motos Vellas do Salnes, que este ano chega á súa 16ª edición, coa novidade de que convocan, para o sábado 10, unha "ScooteRafa", memorial Rafa Branco, na que farán un percorrido desde Cambados ata Caldas de Reis e volta, cunha parada en Caldas, para un pequeno acto e un pincho. A escuterada é gratuita, pero a preinscripción é obligatoria, para poder organizalo todo en función do número de participantes. O enlace para descargarse a folla de inscripción á scooterada é: Preinscripcion I Scooterafa

Para máis información visita o sitio de Motos Vellas do Salnes
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 19 de julio de 2013


5ª GolfoEscuterada. Progama y cartel definitivo

Pois xa vai vento en popa a organización do programa de actos da 5ª GolfoEscuterada, aquí teneis o cartel definitivo:

Podedes ver todala información da V GolfoEscuterada neste evento do Facebook
Sábado 3 de Agosto: Abriremos as inscripciones sobre as 12 horas, para degustar, entre La Terraza e o Bon Vivant (Paseo marítimo do Temple-Cambre) unha churrascada sobre as 15:00 horas. Ao finalizar realizaremos o sorteo de agasallos entre todolos inscritos. Sobre as 17:00 arrincaremos a ruta que nos levará ata o embalse de Cecebre, pasando previamente polas rúas do Temple e do propio Cambre, para continuar ata a cidade da Coruña, onde percorreremos as súas rúas. Sobre as 20:00 horas faremos unha parada en La Cerveceria (zoa catro camiños) para tomar un refrigerio. Inscripción 10 euros (Bolsa de recordos, churrascada e pincho) Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria ("Un quilo por un agasallo"), de recolleita de alimentos non perecederos para a súa posterior entrega á despensa municipal do Concello de Cambre.
Pola noite, para os máis marchosos, aproveitaremos para gozar do evento Rock in Cambre, que se celebra na praza do concello desta localidade.
Para os que se queiran quedar o sábado, colaboran connosco: - Hotel Restaurante As Rodas (Espiritu Santo, 3 Ctra N-VI Km 582, 15168 Sada - A Coruña ), ofrecéndonos os seguintes prezos (non inclúe almorzo): - 21 € habitación individual - 33 € habitacion dobre Podedes contactar con eles no telefono 981 611 603, indicando que ides a concentrazón. - Hotel Brial (Avda. Che Guevara, 30, 15172 Santa Cristina - Perillo - Oleiros - A Coruña), ofrecéndonos os seguintes prezos (inclúe almorzo): - 50 € habitacion doble Podedes contactar con eles no telefono 981 635 500, indicando que ides a concentrazón Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de julio de 2013


Vespistas Solidarios

"VESPISTAS SOLIDARIOS" pódese definir como un movemento solidario organizado por escuteristas galegos, co fin de aportar o seu graniño de area a entidades beneficas sen ánimo de lucro, contribuíndo así cunha tarefa solidaria e altruísta á dificil situación que se vive hoxe en día e que se agraba máis, se cabe, cos máis desfavorecidos.

Asi que colocando diferentes puntos de recolleita de alimentos en tendas, negocios e supermercados da zona de Vigo Val miñor, Pontevedra, Redondela.... preténdese recaudar ALIMENTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE E PRODUTOS DE LIMPEZA E HIXIENE (ROUPA NON). Dispoñendo tambien dun servizo de "VESPISTAS SOLIDARIOS A DOMICILIO" chamando ao móbil 699 505 115 e pasan a recoller a túa donazón. Podedes seguir a acción de este colectivo a traves de: FACEBOOK: Yovespa Solidario TWITTER: #YOVESPASOLIDARIO MAIL: yovespasolidario@gmail.com É unha moi grande iniciativa e por iso tanto o Golfos Artabros Escuter Clube, como dende este blogue, unímonos a ela gustosamente. Seguiremovos informando, porque isto vai dar que falar e, espero, que moito. Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 8 de julio de 2013


5ª GolfoEscutera no Temple-Cambre

O vindeiro 3 de agosto,o Golfos Artabros Escuter Clube, imos realizar nosa 5ª golfo-escuterada, no paseo marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).

Abriremos as inscripcióne sobre das 12 horas, para degustar alí mesmo unha churrascada sobre as 15:00 horas. Sobre as 17:00 arrincaremos unha ruta que nos levará ata o embalse de Cecebre, pasando previamente polas rúas do Temple e do propio Cambre, para continuar ata a cidade da Coruña, onde percorreremos as súas rúas. Sobre as 20:00 horas faremos unha parada na Cerveceria (zona catro camiños) para tomar un refrigerio. Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria ("Un quilo por un agasallo"), de recolleita de alimentos non perecederos para a súa posterior entrega á despensa municipal do Concello de Cambre. Esperamos vervos a todos alí. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 25 de junio de 2013


Tamaño XS, pero ARTE en maiúsculas

Esto si que é arte.

Modelar estas maquetas e convertilas en tan reais é incrible.


Podedes disfrutar de todala sua obra na sua su web www.xsdreams.de

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 21 de marzo de 2013


Vesparaiada Solidaria

Llega una nueva edición de la la VespaRaiada en Portonovo (Pontevedra) Este año ha adquirido el estatus de Solidaria, ya que a lo largo de la jornada se recogerán alimentos no perecedos. Aqui teneis el cartel y todo el programa de actos: Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España