lunes, 22 de noviembre de 2010


A Vespa e o cine

"La Vespa e il Cinema" é unha exposición que se inaugurou o pasado 5 de novembro no Museo Piaggio e estará aberta ata o próximo 15 de xaneiro de 2011.

Tal e como a presentan é "Unha viaxe apaixonante entre películas, publicidade, fotografías e carteis que se basean neste mito sen igual"

Dende a oscarizada Vacaciones en Roma, pasando por outras coma Good Morning Vietnam ou as máis actuais Alfie e A Interprete.



Xa sabeis, se teneis pensado pasar por Pontedera (Italia) non dudeis en visitar esta exposición, que fará as delicias dos máis escuteristas.

+ info:

- Web oficial LaVespaeilCinema.it
- Web Museo Piaggio

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 20 de noviembre de 2010


Gañadores do 1º sorteo V&L Culleredo en Facebook

Non pensedes que me esqueceu.... só que non tiven tempo.

O xoves pasado, o número agaciado no sorteo diario da ONCE foi o 28672, así que o gañador do 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, foi o número 672, que correspondeulle ao amigo de Facebook .......

Piaggio Vespa Motoneta Lambreta

habendo sido agraciados igualmente cun detallito os números anterior e posterior que corresponden a:

Phillip Harford

Pianeta Vespa

Parabén a todos eles, xa mesmo póñome en contacto para enviarlles os seus premios.

E para min .....

MOITAS FELICIDADES POR ESTES TRES PRIMEIROS ANOS DO BLOG

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 16 de noviembre de 2010


Seguimos co sorteo

Xa está preparado a listaxe dos participantes no 1ro sorteo V&L Culleredo en Facebook, que podedes consultar neste evento.

Só recordarvos que o sorteo celebrarase en combinación co número agraciado no sorteo da ONCE do xoves 18 de novembro.

Sorte a tod@s ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 12 de noviembre de 2010


Un paseo pola capi...

Por motivos laborais a partir do domingo postearéi dende a capi ..., Madrid para os mais "puristas" jeje, así que imos comezando con algunhas das imaxes coas que me espero atopar:



Un saúdo e vémonos ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 11 de noviembre de 2010


Outras fotos artísticas...

Xa que onte ensínevos a foto que vou regalar no 1er sorteo V&L Culleredo en Facebook, do logo dunha Vespa Faro Basso que fotografara nunha exposición, hoxe preséntovos outras dúas fotos artísticas da mesma exposición, xa que non só de Vespas vive o escuterista....

Xa falta menos ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 10 de noviembre de 2010


Mil grazas aos amigos do Facebook

Como se adoita dicir, "é de bo nacido o ser agradecido".

Así que seguindo esa premisa e ante a proximidade de alcanzar os 1000 amigos que engadiron a este blog nas súas lista de amizades, valla a redundancia, quero correspondervos organizando o

1ro sorteo V&L Culleredo no Facebook

Para iso non tedes que facer nada, xa que o mecanismo é moi sinxelo.

Cando se alcancen os 1000 amigos (e só aos 1000 primeiros) asignareivos un número de catro cifras (do 0001 ao 0000) por orde alfabética segundo a listaxe que facilita o propio Facebook.

O gañador do sorteo será aquel que o seu número asignado corresponda coas catro últimas cifras do número premiado no sorteo da ONCE do xoves día 18 de novembro, data na que celebramos o 3º Aniversario do nacemento deste blog.

E que hai de premio??? pois como este é un blog humilde non vos podo prometer gran cousa, así que se me ocorreu que como premio o gañador recibirá unha ampliación enmarcada desta fotografía que saquei fai tempo nunha exposición:


A min, persoalmente, encántame, pero claro, a gustos...pintan cores.

Tamén recibirán un detalliño os que teñan o número anterior e posterior ao premiado.

Espero que vos guste esta iniciativa tanto como á min e, senón, non problem ... tan amigos...

Só unha última cousa, a día de hoxe xa hai 990 amigos na miña listaxe... e a piques de chegar ás Mil grazas....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 9 de noviembre de 2010


"Miña foto Favorita" - Museo Marco de Vigo

Continuando coas actividades organizadas polo bo amigo Vespeinado PABLO OSORIO e como continuación a la campaña de recuperación da memoria fotográfica das Vespas e Lambrettas en Galicia, envioume este mail:

"Con motivo do V Aniversario do MUSEO MARCO de Vigo, o seu Departamento de Comunicación (coñecedores da nosa iniciativa de recuperar a memoria fotografica das Vespas e Lambrettas en Galicia) invitáronme a participar na actividade A miña FOTO FAVORITA.

Durante 15 minutos e diante dunha foto dun Seminarista pousando coa Lambretta de VirxiLio, falarei de como as historias que ata a data fun recompilando sobre estes Scooters e as persoas que os conducían: Curas que exercían o seu oficio en dúas rodas, carreiras na dársena de Bouzas, fotografos itinerantes, viaxes de noivos a distintos puntos de España, saídas conxuntas do Vespaclub Vigo e Vespaclub Pontevedra o día do Apostol a Santiago, entre moitas outras...

Máis que á miña intervención, invítovos a que vos paseis a ver esta impresionante EXPOSICION antes do 24 de abril de 2011, que se irá cara á Sede da Fundación Telefónica en Madrid
"

Anímovos a todos a achegarvos ata Vigo a gozar desta presentación e acompañar a Pablo neste momento tan escuterista.

Un saúdo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España