Atopeime estas preciosas zapatillas pintadas a man:
Estan feitas de encargo e inspiradas en Paris, pero o detalle da Vespa é un puntazo:
Isto se que é un traballo delicado:
As imáxes vinas en El Gran Mundo de Oz, blogue da Mercería Herradón de Madrid.
E chamoume a atención que, ata nesta mensaxe, utilizan unha imaxe dunha vespiña:
+ info:
-El Gran Mundo de Oz
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 28 de marzo de 2012
Zapatillas persoarizadas
martes, 27 de marzo de 2012
Muller, mensaxeira e vespera
Fai uns días vin esta noticia nas noticias historicas de El Ideal Gallego:
E sorprendeume que, fai tan só 25 anos, aínda chamaba a atención unha muller cando realizaba un traballo "propiamente masculino", percorrendo Coruña repartindo mensaxeria, sobre da sua Vespa.
Menos mal que todo iso cambiou, afortunadamente.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 23 de marzo de 2012
Máis tatuaxes escuteristas ...
Outra boa coleción de tatuaxes escuteristas:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 22 de marzo de 2012
Outra coleción de tatuaxes escuteristas
Este é o cuarto post sobre tatuaxes escuteristas e non deixo de sorprenderme do que me vou atopando pola rede.
Esta evolución é unha preciosidade:
Magoa de non atopar a versión do final...
E os lambretteiros demostran que son fieis á marca:
Este último tócame de máis de cerca.
É precioso a miña querida Lore, vémonos prima....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 21 de marzo de 2012
2ª Vespa-raiada en Portonovo
Chega unha nova edición da Vesparraida en Portonovo (Pontevedra)
+ info:
- Foro Golfos Ártabros Escúter Clube
Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 20 de marzo de 2012
Unha volta por España , en vespa con sidecar
Esa é a aventura na que se vai a embarcar Ramon Bartual, tamén coñecido polo "Pater", polos seus disfraces de cura, bispo, etc cos que adoita presentarse en concentracións como Pingüíns.
O día 16 de Xuño sairá dende seu Cheste natal, na sua Vespa con sidecar co seguinte percorrido por diante:
Aguilar de la Frontera, Granada, Ronda, Cádiz, Isla Cristina, Sevilla, Cáceres, Badajoz Salamanca, Zamora, Santiago de Compostela, Finisterre, Pontevedra, Vigo, Oviedo, Santander, Burgos, Logroño, Pamplona, Huesca, Zaragoza Teruel y regreso a Cheste ... 4.400 kilómetros de ná!!!!
Ánimo Manuel, e espero que poidamos coincidir para acompañarche, polo menos, nalgún traxecto da túa fantástica ruta.
+ info:
- Evento en Facebook
- Facebook Ramon Bartual
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 19 de marzo de 2012
Para os frikis como eu, Zara Home ofrécenos un fantástico colgador coa silueta dunha Vespa.
É máis na propia portada da tenda on-line, aparece destacada esta:
Eu pola miña banda xa teño o meu, instalado na habitación dos cativos:
Moitas grazas Gally polo agasallo ...
+ info:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 13 de marzo de 2012
Unha "pepa" enterrada no xardín
Iso é precisamente o que teñen no xardín da cervecería Tia Pepa, unha Vespa GS, enterrada, pola súa banda traseira.
Mágoa de non levar un martelo pneumático no peto....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 8 de marzo de 2012
Se onte presentábavos unha estación de traballo feita coa parte traseira dunha Vespa, é curioso ver que o seu deseñador David Giammetta, aproveitou a parte dianteira para facer esta cadeira:
E é moi curiosa porque como moitos veriamos xa, hai xente que fixo unha cadeira co escudo dunha Vespa, pero aproveitar un banco de abdominais para porlle de base, é unha solución, polo menos, distinta.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 7 de marzo de 2012
Estación de traballo Vespa
Estas fotos levan rolando un par de meses por aí, e picoume a curiosidade.
Moi boa idea esta Vespa de 1968 convertida nunha estación de traballo funcional. Un moble moi creativo e cunha idea moi boa, aínda que se teño que porlle pegas, eu case aproveitaría máis o espazo interior para almacenaxe, ou, en caso de non querer utilizar un portatil, senón un computador de sobremesa, para a instalación da CPU.
Por ideas que non falte ....
Proxecto desenvolvido por David Giammetta.
Visto en Furniture Design Idea.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 5 de marzo de 2012
A cadeira Vespa de Antonio Calabrese
En primeiro lugar dar as grazas pola pista que me deron a traves de Facebook.
Preséntovos este precioso butacón Vespa, creación do deseñador Antonio Calabrese:
Visto no blogue Vespa GT Club Italia e nel comentan literalmente:
"O deseñador Antonio Calabrese Bari deseñou, patentado e fabricado a "cadeira de brazos Vespa", que é a cadeira que incorpora as liñas da moto máis famosa do mundo.
Este moble ten un marco de madeira prensada, e de partículas, as almohadillas de caucho en diferentes densidades, o revestimento da cuberta en coiro, asento e respaldo de coiro real, un refinado acabado das costuras, o logotipo en aceiro puído, unha roda traseira neumática e dúas rodas dianteiras.
Con todo, o elemento distintivo é o faro traseiro orixinal da famosa Vespa 50 Special.
A "Cadeira de brazos Vespa" está dispoñible en branco, vermello, laranxa, verde, azul, gris metalizado, mentres que o prezo fixouse en 950 $, gastos de envío incruídos.."
O artígo orixinal eiquí.
+ info:
- Facebook
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España