viernes, 10 de diciembre de 2010


Dende cativo aforrando para a Lambretta

Así me gusta, que dende pequenos se vaian concienciando do valor que teñen estes vellos cacharros.

A campaña deAllianz Pensiónsdéixao ben clariño, e a Lambretta Li serie 2 que ensinan... unha preciosidade:

mira que listo o rapaz, que vai recollendo todas as moedas que atopa por casa e ao final, a Lambretta sera para el ...jajja

Para os que non víchedes o anuncio:



Pero percorrendo a web de Allianz non é a única escúter que me atopei, xa que para promocionar os seus seguros de motos ¿que moto aparece?:

Seguen estando máis de moda cada día...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 9 de diciembre de 2010


♪♫♪ Vesspá, vesspá, a mi me gusta, me gusta ... ♫♪♫

Todo o que anda neste mundo das escúteres e internet, algunha vez, topouse con esta melodía e viu este vídeo dunha moza Conchita Velasco cantando, montada nunha Vespa:


Pois ben, onte buscando outra cousa (como adoita pasar) atopeime con esta imaxe:

pertencente ao programa de la Sexta Se lo que hicisteis ..., e grazas a eles, descubrín que o vídeo pertence á revista de 1985 "El águila de fuego".

Logo de buscalo eiquí tendes o vídeo dese programa (para un día que non o vexo), onde Patricia Conde dalle envexa esta escea e acaban repitíndoa, xunto con Berta Collado e unha xa non tan moza Concha Velasco, montadas nunhas Vespas do Scooter Club Madrid:


Momentazo....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de diciembre de 2010


Un graffiti moi fotográfico

Fai uns días posteei sobre uns cantos grafitis escuteristas e entre outro, mostrábavos esta obra de arte:

Poi ben, curiosamente grazas a un amigo de Facebook, descubrín a "orixe" deste marabilloso grafiti:

Que vos parece???

Calquera dos dous son boas demostracións de que, un vello patinete Lambretta, pode adaptarse perfectamente aos novos soportes artísticos e publicitarios.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 7 de diciembre de 2010


Só unhas liñas ...

Hoxe non teño ganas de esprimirme moito o cerebro así que só serán unhas liñas....

E non unhas liñas de texto, senón simplemento iso ... unhas liñas.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 6 de diciembre de 2010


Herrete Vespa

O qué ó? preguntarédevos.....

Onte quedeime como un tonto, mirándome para os cordóns dos meus praieros, e, seguindo coa actitude de lelo, fixeime nas pezas plásticas do final dos mesmos intentando recordalo seu nome.

Non sabedes que dia pasei ata que sentei diante do todopoderoso Google para buscalo seu nome.

HERRETE, ahhhh ... claro.

se ata lle dedicaron un capítulo os de Phineas e Ferb!!!!

Espero non esquecerme de novo (aínda que mañá o mesmo teñoo que pensalo dúas veces).

Xa vedes, se ao final este blog vai ser ata instructivo...jajaja

O sei, o sei, isto é o que provoca o que haxa tantos días festivos e con mal tempo...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 4 de diciembre de 2010


Frio, neve e ... Vespa??

Teño que recoñecer que eu son bastante atrevido para saír a rodar con calquera clase de climatoloxía, pero tamén hai que ser realista e estes dias están as cousas MOOOII mal para andar pola estrada.

E se a iso sumámoslle a operación saída da ponte da Constitución, tradúcese en que:

Por favor, tede coidado se tendes que desprazarvos pola estrada.

Xa sei que nolo repetiron ata a saciedade, pero

O IMPORTANTE É CHEGAR.


Mentres tanto podedes deleitarvos, na calor do fogar, con estes vídeos de colgados pilotando a vespa sobre neve:


Somentes con velos da frio ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 1 de diciembre de 2010


Purple Weekend - León 2010


Mañá comeza unha nova edición do Purple Weekend en León, o consolidado como festival Mod de inverno en España.

Eiquí tendes o valo de actuacións:

E eiquí o mapa das distintas localizacións:



Pero o "importante" é o sábado 4, co Scooter run organizado polos amigos do Leon Scooter División.

Recordade, o sábado 4 a partir das 11.30 na praza de San Isidoro, tendes como límite para apuntarvos ata mañá día 2 neste post no blog do LSD

Eiquí tendes as fotos do ano pasado na que mo pasei de vicio:



+ info:

- Leon Scooter Division
- PurpleWeekend.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España