Os amigos do Club Motos Vellas do Salnés, organizan o vindeiro domingo (8 de Agosto), a súa concentración anual e xa van pola edición 12 + 1.
Eiquí tendes o valo do evento que se celebrará en Cambados (Pontevedra):
É moi importante, sobre a inscrición na concentración, que:
- As prazas son limitadas
- Será por rigorosa orde de inscrición.
- As motos deberán ser dun modelo cuxa fabricación sexa anterior a 1970
O ÚLTIMO DIA PARA A INSCRICION É HOXE, MÉRCOLES 4 DE AGOSTO
Eiquí tendes tamén a folla de inscrición, que é obrigatorio encher:
MOI IMPORTANTE
O NUMERO DE CONTA CORRECTO É:
CAIXANOVA 2080 0019 59 0040016446
Para máis info:
- Clube Motos Vellas do Salnés
- motosvellasdosalnes@yahoo.es
- Teléfonos: 676069088 - 630082415 - 625525524
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 4 de agosto de 2010
12 + 1 concentración Motos Vellas do Salnés
martes, 3 de agosto de 2010
O meu video da 2ª Golfo-Escuterada
Pois iso,eiquí tendes o video que fixen da 2ª Golfo-Escuterada:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 2 de agosto de 2010
2ª Golfo-Escuterada. Crónica e fotos
Xa pasou.
A 2ª Golfo-Escuterada Un paseo polas rías, xa é historia.
Logo dun lixeiro madrugón para comezar coa instalación de carteis indicadores, carpa de recepción de participantes, mesa de almorzo e demais historias, ás 09:30 h, tal e como estaba previsto, empezaron a chegar a conta pingas os participantes.
Os amigos de Kiero + Clothing comezaron coa montaxe da súa caseta e máis tarde chegaron os compañeiros de Master Bike, para acompañarnos na ruta e dispor da súa furgoneta a modo de "coche escoba" que, afortunadamente, non foi necesario utilizar.
Saúdos, benvidas e conversacións varias coa xente que facía tempo que non viamos ata que ás 12 horas xa estaba todo o groso dos participantes presentes.
Logo de recoller todos os petates iniciamos márchaa dirección Bergondo, xiro cara a cara a Miño e paso polo Ponche do Pedrido:Entramos en Miño, paseo pola praia grande, pasamos por Perbes e Ver ata chegar a Pontedeume onde nos volvemos a incorporar para ir dirección Cabanas:
No alto de Cabanas viro á esquerda para ir dirección Ares:
Para chegar á parada que fixemos en Redes, onde nos sacamos a foto de grupo diante da "casa do concello" da serie da TVG Padre Casares:
Continuamos camiño cara a Ferrol, pasando por Ares e Fene, para chegar ao restaurante A Malata, lugar onde realizamos o xantar oficial da Golfo-Escuterada:
Sorteo de agasallos para moitos, despedida para outros, e volvemos xuntos un bo grupo ata a praia da Magdalena en Cabanas, onde o propio alcalde (Germán) recibiunos preocupándose en todo momento se o lugar que nos reservou era suficiente, se necesitabamos algo máis .... Grazas mil grazas.
Teneis todas as fotos que saquei (así como o fotocall) neste album Picasa:
y aquí un video de como fué todo en general:
Grazas Gally.
O balance final foi moi bo, preto de 75 inscritos e máis de medio centenar de motos, ningún problema destacable, un par de picadas, unha rotura de cable do acelerador e a caída da Vespa de g5u5 SOA (é o que ten porlle un caballete lateral) foron os únicos contratempos dunha marabillosa xornada.
Continuando cos agradecementos, grazas a todos por acompañarnos, a todos os patrocinadores, a todos os colaboradores (a pesar dos cambios de última hora que nos provocou o concello de Betanzos, puidemos liquidalos facilmente).
Grazas e mil grazas, insisto e espero vervos a todos en todas as seguintes.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 29 de julio de 2010
Exposición de carteis sobre seguridade viaria
Dando un paseo por El Puerto, atopeime con esta exposición: "1960-2000 Toda a historia da seguridade viaria en carteis"E por descontado quédome coa esquina superior dereita con este, que é válido en calquera época:
"Protejase co casco. A cabeza non ten recambio", un lema máis que claro, que segue vixente hoxe en día.
É triste ver (porque o vemos a diario) o caso omiso que lle fai moita xente a este tipo de recomendacións, xa que, a pesares de ser obrigatorio para calquera vehículo motor de dúas rodas, segue habendo irresponsables que prescinden do seu uso.
Despois levamos a mala fama todos os motoristas.
Este cartel pasa a formar parte permanente do blog, xa que, ademais da súa mensaxe, hai que recoñecer que os antigos deseños son unha arte en si mesmos.
A exposición de carteis compleméntase con outra de maquetas de automóbiles, pertencentes ao Automóbil Clube de Galicia: e vén dar continuidade á exposición Clasic Cars 2010, celebrada no mesmo lugar do 9 ao 11 de Xullo pasados, do que, noutro momento, mostrareivos as fotos das xoias alí expostas.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 26 de julio de 2010
4ª Concentración moto clásica de Arteixo - As fotos
A pesares de non poder asistir á 4ª Concentración de moto clásica de Arteixo, celebrada onte, si que tiven a oportunidade de acercarme ata este concello coruñés para saudar á organización e amigos e facer unha pequena reportaxe fotográfica das motos participantes:Tendes o resto das fotos neste album Picasa:
Vexo que a ruta debeu ser moi bonita, con duas magníficas paradas, unha aos pes da nosa querida Torre de Hércules e outra na Praza de Maria Pita da Coruña:
Gracias a Tati e Antonio polas fotos, vémonos nas próximas.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 23 de julio de 2010
Comuñón en Vespa
Despois eu considérome friki con respecto ao escuterismo, pero o que se lle ocorra utilizar este recordatorio de comuñón ... ese si que é un frikazo total:
Visto en Paperprints.net.
Se os nenos fosen así realmente á súa primeira comuñón, a ver quen era o listo que lles daba a "ostia".
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 22 de julio de 2010
2ª Golfo-Escutera. Un paseo polas rías. 31 de Xullo en Betanzos
Ola a todos, aquí teneis a información sobre a nosa 2ª Golfo-Escuterada:
09:30 h. Apertura de inscricións no pavillón da Avenida do Carregal de Betanzos (A Coruña), á beira do centro médico. (Ligazón Google Maps)
12:30 h. Inicio da ruta polas rías do Golfo Ártabro. A ruta será duns 60 km, pasando por Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene e Ferrol.
15:00 h. Xantar no restaurante A Malata en Ferrol.
17:30 h. Gymkana, xogos e probas de habilidade (pendente de confirmar pero en principio será na praia da Magdalena en Cabanas).
Haberá sorpresas e sorteos de agasallos.
Inscricións:
Todo o que queira asistir ao xantar oficial da escuterada deberá ingresar esta cantidade, antes do día 27 de Xullo, na conta do Banco Etcheverría 0031-0001-28-1011006441 (indicando COMIDA + Nome e apelidos).
Non se aceptarán máis comensais pasada esa data.
Para máis información:
- golfosartabros@gmail.com
- En el Gol-Foro.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


