domingo, 31 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, unha mañá pasada por auga

Así é como se podería resumir a xornada que "sufrimos" os que se nos ocorreu achegarnos a ExpoCoruña a la 1ª Concentración de Vespas, Lambrettas y motos clásicas- SalonAuto A Coruña.

Esta foto resume á perfección a "desolación" coa que nos atopamos os asistentes ante o desfavorable día que se nos presentou.

Ao final fomos 5 Vespas e 1 Lambretta as que "enchemos" o espazo que nos tiña habilitado a organización, pero insisto, bastantes para o temporal que nos acompañou toda a mañá:

Dentro do salón moitos coches, menos motos e posibilidade de probar modelos curiosos, como é o caso desta Ventrix, escúter eléctrica 100 %, que o bo amigo Juan e o seu fillo Javi, encargouse de probar:

Curiosidades como este Fiat 500 que os amigos de Fiateira exhibiron na súa caseta:

Ou esta Harley-Davidson VRXSE Screamin’ Eagle V ROD DESTROYER que cada vez que a arrincaban facía retemblar todo o recinto feiral, pero literalmente:

Polo demais, moitos máis vehículos para ver...

Tendes todalas fotos neste album Picasa:



A única nota desagradable foi que, a causa do mal día, unido ao mal estado da estrada (firme, sucidade, etc), cando volvía a casa, ao incorporarme á Av. de Afonso Molina, a miña querida 160 "decidiu" probar o chan comigo enrriba...

Que se lle vai a facer ... uns rasconazos máis para a colección e un gran dano na miña moral ...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

sábado, 30 de octubre de 2010


Betty Boop en escúter

Paseando por Coruña atopeime con esta figura de Betty Boop nunha Vespa personalizada para ela:

E a verdade é que a boneca cabezona esta nunca me encantou pero eiquí tráioa por onde está apoiada e, friki si, pero pagar 98 € por esta figura paréceme excesivo.

Por ese prezo case consigo unha Vespa para restaurar....

Curiosamente con só facer unha procura en Google Images de Betty Boo Vespa, atopámonos con máis exemplos de tandem que forman esta pin-up, cunha idade xa de 80 anos, e unha escúter:

Esta última, cunha preciosa Lambretta LD, é a que máis "me encheu", non sei porque será...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 29 de octubre de 2010


Unha 150 rioxana polas rúas de Lugo

O lúns pasado, mentres paseaba por Lugo,atopeime con esta bela Vespa 150 matrícula de Logroño:

Preciosa verdade???

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 28 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, Plano de situación concentración motos

Desde a organización envíanme o plano de situación e acceso ao recinto feiral de ExpoCoruña para os participantes na 1ª Concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas Salonauto, III Salón do Automóbil A Coruña.

No plano está indicado con frechas vermellas a entrada de Vespas, lambrettas e antigas, á galería onde quedarán aparcadas.

Na porta haberá un vixiante que lles indicará a entrada.

Teño que aclarar que a concentración está aberta a todo tipo de Vespas, Lambrettas e demais motos clásicas.

Teño entendido que unha concesionario da Coruña exporá xunto co resto de motos varias Vespas modernas.

Podedes ler a noticia en La Voz de Galicia.

Vemonos o domingo....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 27 de octubre de 2010


Sei o que fixechedes... Miki en Vespa

Onte no programa de la Sexta, Se lo que hicisteis ... saiu Miki Nadal caracterizado de Juan Carlos I, montado nunha Vespa:

Eiquí tendes o video completo:


Gustoume moito iso de "Poducto nacional ..."

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 26 de octubre de 2010


Ilumínate!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 25 de octubre de 2010


SalonAuto A Coruña, 1ª Concentración motos clásicas

Esta próxima fin de semana, aproveitando a ponte, celébrase en ExpoCoruña o Salonauto, III Salón do Automóbil A Coruña.

Logo de porme en contacto coa empresa que o organiza (Eventos del motor), acordamos celebrar a 1ª Concentración de Motos Clásicas SalonAuto A Coruña, así que:

Anímovos a todos os propietario e/ou usuarios de motos clásicas a participar nesta iniciativa o

PROXIMO DOMINGO DÍA 31 DE OUTUBRO

A partir das 10:00 horas abriranse as portas do recinto de ExpoCoruña para recibir aos participantes desta 1ª Concentración de Motos Clásicas e aloxar os vehículos no seu interior ata as 14:00 horas.

Sobre as 12:30 - 13:00 horas procederase a facer a foto de grupo da concentración.

TODOS os participantes terán a entrada gratuíta ao recinto de ExpoCoruña para gozar do III Salón del Automóvil A Coruña.

Anímovos a todos a participar...

+ info:

- Eventos del motor.com

Un saúdo

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España