Acabo de incrementar a miña colección de frikadas escuteristas cun clásico, un cd-single orixinal da canción Vespa Special interpretada por Luna Pop.


O cd-single contén a canción na sua versión orixinal (italiano), en castelán en italiano en directo e en versión instrumental.
A colección suma e segue ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 24 de noviembre de 2011
Vespa Special, o single orixinal
miércoles, 23 de noviembre de 2011
Neceser escuterista

Xa me van coñecendo e saben o friki que son coas cousas escuteristas, así que o outro dia, un bo amigo, regaloume este neceser: 
Moitas grazas Tony, que grande es !!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 22 de noviembre de 2011
Humor francés da época
Un pouco machista paréceme, pero bo, ten a súa graza (e o seu parte real claro):
"Finalmente Chantal , vaste con Gerard ...
e á mantenta, que ten el que non teña eu?
Catro rodas en lugar de dous, querido!"
EsEsta é a cruz que levamos os escuteristas ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 21 de noviembre de 2011
Fábrica de Azúcar, un novo referente en restauracións

Desde o pasado luns arrincou un novo proxecto firme (que xa levaba un tempo fraguándose) na provincia de Pontevedra. A diferenza doutros talleres mecánicos, coas restauracións realizadas en Fábrica de Azucre, obterás motocicletas únicas e irrepetibles posto que cada unha delas leva incorporada a sabedoría e personalidade do equipo de artesáns-restauradores.
Uns artesáns en restauración de motos antigas, Fabrica de Azucar, que eles mesmos se definen:
"Fábrica de Azucar é unha empresa dedicada á Artesanía en Motos Clásicas, onde en cada unha das motos conxúgase a excelencia nos coñecementos mecánicos cunhas terminacións de alta calidade, que fan lucir ás motos como na súa primeira matriculación.
Segundo a Wikipedia:"A artesanía é un termo medio entre o deseño e a arte. Para outros é unha continuación dos oficios tradicionais, nos que a estética ten un papel destacado pero o sentido práctico do obxecto elaborado é tamén importante."
Grazas a este proceso de restauración artesán, única garantía de calidade nas restauracións, poderás se o desexas personalizar algúns aspectos da moto. Todo o proceso faise paso a paso e de modo manual, xa que logo pódense introducir personalizaciones ao longo do mesmo.
Eiquí tendes algunhas das máquinas que xa puidemos gozar nalgunha concentración:
Sorte Jesús, espero que vos vaia o mellor posible ....
+ info:
- FabricaDeAzucar.com
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 18 de noviembre de 2011
6 anos de posts ...
Hoxe en Vespa & Lambretta Culleredo cumprimos 6 anos...
582 post, con máis de 141.000 visitas, son bastantes como para pensar que parece que fixen as cousas un pouco ben.
Esta tempada teñovos un puoco abandoados por distintos motivos pero prometo votar pronto con novos temas e novidades.
Grazas a todos por estares ahí !!!
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Vespa Quarantasei
A Vespa 46 é a proposta máis futurista da marca presentada no EICMA 2011, 69º Salón Internacional da Motocicleta, que se celebrará en Milan do 10 ao 13 de novembro: 








Segundo aparece na web da EICMA:
"Máis de 17 millóns de vehículos vendidos en todo o mundo, pero o atractivo da Vespa parece que nunca acaba. Sempre futurista, do mesmo xeito que o prototipo MP6 que deu lugar á scooter máis famoso do mundo e agora, décadas máis tarde, converteuse nunha fonte de inspiración para a creación da Vespa Quarantasei (Piaggio presentou no EICMA 2011). Unha emocionante mestura da tradición e a innovación citas e as proxeccións que fan que se converta nun imán para a atención. Un estilo único, polo tanto, senón tamén unha gran cantidade de tecnoloxía ecolóxica: o motor monocilíndrico de 125 cc refrixerado por aire, alimentado con inxección electrónica de combustible, é capaz de combinar o rendemento, fiabilidade, seguridade e respecto ao medio ambiente. Os datos técnicos indican unha potencia de 8,7 kW a 8.250 rpm para a versión de 125 cc e 9,7 kW a 8.000 rpm para a versión de 150 cc. Vespa Quarantasei producirase antes de finais de 2012"
Consideradase máis bonita ou máis fea, pero teño que recoñecer que este novo proxecto non vai deixar indiferente a ninguén ....
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
lunes, 7 de noviembre de 2011
Tintin ... outro escuterista máis
Despois da estrea da nova película de Steven Spielberg, As Aventuras de Tintin, O segredo do unicornio, veume á mente estas dúas imaxes do pequeno aventureiro montado nunha escúter.
Primeiro un adhesivo máis actual da imaxe de Tintín:e esta pertencente a un cómic do ano 1956:
Espero ir vela pelicula pronto, mentres tanto podemos gozar do trailer:
+ info:
- Tintín na Wikipedia
- Para descubrir Tintín
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


