miércoles, 10 de junio de 2009


Museo da moto clásica de Hervás

Estes días, mentras facía limpeza de fotos, encontreime estas de fai máis dun lustro, dunha visita que fixemos ao Museo da Moto Clásica de Hérvas (Cáceres), lugar digno de ver, non só pola gran coleción de vehículos da que dispón, senón pola propia edificación do museo (que nos recorda a un dos nosos antigos castros celtas) e tamén, o propio entorno, dende o que se pode disfrutar dunhas impresionantes vistas.




Pero non só de escúteres esta cheo o museo:







Dende eiquí pídolle disculpas aos propietarios do museo por incumplila proibición de facer fotos nas suas instalacións, pero, para unha vez que o visito, que menos que inmortalizalo momento, o cal é digno de admirazón.

E, por outro lado, o "delito" xa prescribíu.

+ info:

- Web do Museo da Moto Clásica de Hérvas (Cáceres).

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: