viernes, 11 de septiembre de 2009


Vaya "bocado" que tenía el pistón de la 160

Tal e como comentei no post sobre a concentración de Clásicas en Zas, cando voltaba, tiven que traela moto montada nun gindastre, segundo parecía faltaballe compresión.

Durante o verán, cando fun tendo ratos libres "aventureime" a descubrilo motivo desa falla de compresión, pensando, iluso de min, que con sustituilos aros (segmentos) sería suficente, cousa que me saquei da cabeza no momento en que quitei a culata e vin esto:

Eses dous agulleriños non me gustan nada.

Efectivamente, unha vez sacadolo pistón encontreime con isto:


E creo que o responsabre desas raxas foi esta patiña que faltaba nos clips de sujezón do bulón (precisamente do mesmo lado).

A solución foi ben fácil, pistón compreto:

e, aproveitando que sacara o cilindro: cambio de xuntas, unha limpeza a fondo do carburador e a rodar.

Teño que recoñecer que, cos medio-coñecementos que teño de mecánica, non o fixen do todo mal, xa que a 160 marcha perfectamente.

Espero que non teña máis averías deste tipo e, no caso de que se produzan, que sexan fáciles reparar por min mesmo, xa que, no fondo, esta afición, non só consiste en disfrutar rodando, senon tamén en coñecer o funcionamiento e mantenimiento total da moto.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: