viernes, 26 de octubre de 2012


Miabueloteniaunaigual.es

Por diversos motivos que non vos vou a explicar, comunícannos este cambio no referente ao achivo fotográfico das Vespas e Lambrettas en Galicia:

"Estimados amigos, o motivo deste comunicado é indicarvos que a partir de hoxe o ARQUIVO FOTOGRAFICO DAS VESPAS e LAMBRETTAS DE GALICIA desvincularase completamente tanto do dominio CALQUERA TEMPO PASADO como das súas redes sociais e contidos. Aqueles que esteades interesados no proxecto de RECUPERACION DA MEMORIA FOTOGRAFICA destes scooters en Galicia, podedes seguir facéndoo no novo dominio www.miabueloteniaunaigual.es (que estará activo nuns días) e tamén nos estes perfís de Facebook: www.facebook.com/Miabueloteniaunaigual e Twitter: bit.ly/RFASrT (xa operativos), onde vos esperamos cos brazos abertos. Informarvos tamén que desde mañá sábado 27 de outubro, CALQUERA TEMPO PASADO terá un novo administrador de contidos. Neste sentido, pedirvos desculpas polos inconvenientes ocasionados." Pois estaremos atentos a este novo dominio e perfil no Facebook, que esperamos continuen coas noticias e artigos de interese ao que nos tiñan afeitos. Moita sorte Pablo e sabes que no que che poida axudar eiquí tesme. Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: