miércoles, 28 de noviembre de 2012


Información sobre o Vespa Clube de Galicia

Xa fai varios meses que se puxo a andar o Vespa Club de Galicia, e continua co seu crecemento e expansión, así como a elaboración de información, propostas e vantaxes moi útiles e interesantes. É o caso deste ACORDO EN EXCLUSIVIDADE para a CONTRATACIÓN DE SEGUROS PARA MOTOS, cun desconto importante SÓ PARA Os SOCIOS DO VESPA CLUB DE GALICIA, na correduría de seguros Castaño & Campello:

Polo que se che queres beneficiar desta, ou outras ofertas exclusivas para os socios do Vespa Club de Galicia, debes saber que existen tres clases de socios do VCG, os Numerarios, os Simpatizantes e os Xuvenís, cada un coas seguintes peculiaridades: Socios Numerarios: Calquera persoa propietaria dun vehículo da marca Vespa que desexe ser membro do VESPA CLUB DE GALICIA de pleno dereito. Este tipo de socio ten as seguintes vantaxes: Ser membro da Asemblea Xeral, con voz e voto. Carné Obsequios de benvida Bonificacións e ofertas Descontos en actividades e merchandising Axuda na tramitación de vehículos históricos (xestionándose na actualidade) Ser membro do Vespa Club de España (en fase de tramitación) Xestión para a participación en VWD (en fase de tramitación) Socios Simpatizantes: aquelas persoas que, sen posuír un vehículo da marca Vespa, queiran pertencer ao VESPA CLUB DE GALICIA; así como familiares ata segundo grao (cónxuxe, parella, hij@, herman@, pai e/ou nai) dalgún socio numerario. Este tipo de socio ten as seguintes vantaxes: Carné Obsequio de benvida Bonificacións e ofertas Descontos en actividades e merchandising Axuda na tramitación de vehículos históricos (en fase de tramitación) Desconto á hora de formalizar a súa inscrición como Socio Numerario, con recoñecemento de antigüidade Socios Xuvenís: simpatizantes maiores de 14 anos e menores de 18, previo consentimento parental ou de titor legal. Este tipo de socio ten as seguintes vantaxes: Obsequio de benvida Bonificacións e ofertas Descontos en actividades e merchandising Desconto á hora de formalizar a súa inscrición como Socio Numerario, con recoñecemento de antigüidade As cotas anuais son as seguintes: Socio Numerario: 20 euros. Socio Simpatizante: 10 euros Socio Xuvenil: Gratis Se estais interesados en asociarvos, a continuación teneis os formularios para facelo: Este é para SOCIOS NUMERARIOS:
e este é para SOCIOS SIMPATIZANTES e/ou XUVENIS.
Os que os asinen, teñen que mandalos por correo postal á dirección do Vespa Club de Galicia (Rúa Churruca, 10-1º 36201 - Vigo (Pontevedra)), achegando tamén unha fotocopia do DNI, xa que teñen que gardar o orixinal asinado nos seus arquivos. + info: - Facebook Vespa ClubE de Galicia - Ou podedes escribir un mail a: vespaclubdegalicia@hotmail.com Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: