O vindeiro 3 de agosto,o Golfos Artabros Escuter Clube, imos realizar nosa 5ª golfo-escuterada, no paseo marítimo do Temple - Cambre (A Coruña).
Abriremos as inscripcióne sobre das 12 horas, para degustar alí mesmo unha churrascada sobre as 15:00 horas.
Sobre as 17:00 arrincaremos unha ruta que nos levará ata o embalse de Cecebre, pasando previamente polas rúas do Temple e do propio Cambre, para continuar ata a cidade da Coruña, onde percorreremos as súas rúas.
Sobre as 20:00 horas faremos unha parada na Cerveceria (zona catro camiños) para tomar un refrigerio.
Durante todo o evento imos levar a cabo unha acción solidaria ("Un quilo por un agasallo"), de recolleita de alimentos non perecederos para a súa posterior entrega á despensa municipal do Concello de Cambre.
Esperamos vervos a todos alí.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario