viernes, 10 de junio de 2011


Proba: LML STARDELUXE 125 2t

Fai casi un ano desta proba, e xa iba sendo hora de que a pubricase.

Agora que está na boca de todos o retorno da Vespa Px aos mercados, non podemos esquecernos doutra clásica que ocupou o oco que ésta deixou, os últimos tres anos, a LML.

Tiven a oportunidade de probar unha LML Star Deluxe 125 2T, e podovos garantir que, no caso de ter que decantarme por unha escúter con imaxe clásica pero nova, esta sería unha moi boa opción.

O máis destacable, en comparación coa miña 160 clásica, é, por suposto, o freo de disco dianteiro, máis que eficaz.






O único que lle notei foi a falla de potencia ao apurar un pouco as marchas, pero é normal ao ser un motor de 125 cc de dour tempos, equipado cun catalizador.

Polo demáis, todo perfecto, boa condución, comodidade e posición dos controis.









Xa vos digo, unha moi boa opción a ter en conta, validado tamén pola sua calidade-prezo.

Grazas Xose Manuel pola oportunidade de probala.

+ info:

- LML España

Non me vou meter en describilas características da LML porque iso podedes consultalo directamente na sua web, onde ademáis poderedes ver os orixinais diseños que nos ofrecen.




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 8 de junio de 2011


Zapatillas D.A.T.E.

A compañia italiana de zapatillas deportivas D.A.T.E. lanzou esta campaña publicitaria para a sua colección Primavera/Verán 2011:

D.A.T.E. - New Spring Summer 2011 on Vimeo.

Como non, roupa italiana publicitada cunha Vespa ... tan vixente como sempre e á vez efectiva.

+ info:

- DATE-Sneakers.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 7 de junio de 2011


Dous bonas citas para o finde:
Subida ao Fitu e Scooter-Run Ribera del Duero

Se vos apetece facer quilómetros este fin de semana temos duas boas citas eiquí cerquiña:

O venres 10 e sábado 11 en Peñafiel, poderemos disfrutar do Scooter-Run Ribera del Duero, organizado poos amigos da Peña Scooters Fiel:

+ info:

- Evento Scooter-Run Ribera del Duero en Facebook

O sábado 11 e domingo 12, poderemos aproveitar para asistir á 3ª Subida ao Fitu en Arriondas (Asturias):

+ info:

- Evento 3ª Subida ao Fitu en Facebook

Non sei se poderei ir a algunha delas, pero intentarase...

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 6 de junio de 2011


II Mercadillo Trastos Bellos en Lugo

Comezamos a semana pensando nas actividades do próximo finde (isto si que é previsón jeje).

Poderemos disfrutar en Lugo, da 2ª edición do Mercadillo de Trastos Bellos Cidade de Lugo:

Os horarios seran os seguintes:

Sábado de 09:00 a 21:00 horas
Domingo de 09:00 a 15:00 horas

+ info:

- MotoSarria.com
- Jose (Motos Sarria) 607 441 061

Lista de expositores:

-Maurizio Gaudenzi, recambios e acesorios de motos en xeral - Madrid
-Scooter Clasico, recambios de vespa e lambretta - Valladolid
-Motos Sarria, recambios e acesorios de moto en xeral - Lugo
-Recambios Pascual, recambios e acesorios de coche - Madrid
-Kiko Mora, recambios motocicleta en xeral - Sevilla
-Renovados M.A, motos e recambios - Ordenes
-Ciclos Sindo, recambios bicicletas, ciclomotores e antiguidades - Negreira
-Kike, recambios moto en xeral, Pontevedra
-Custocrom, chorreados, pulidos e cromados, Valencia
-Autoiglemar, compra e venda vehiculos clasicos, Lugo
-Almacen Clasico, J. Padilla, recambios de motos de campo, Alicante
-Gras e Murillo, antiguidades, Xixona
-Fidel, recambio de motos e motos, Leon
-Angel,recambios de coche en xeral, Leon
-Joan Josep Escura (o Rubio )recambio de moto en xeral, Castellon
-Pedro Escuer, especialista en escapes para moto, Barcelona
-Acesorios e recambios Rubi, recambios de coche, Rubi, Barcelona
-Gendre Pinto SL, miniaturas, Barcelona
-Eugenio, recambios moto e motos, Vigo
-Motos Luis, recambios e accesorios moto, Navarra.
-Motormarket, herramientas e pegatinas, Barcelona
-El Arca de Noez, recambios de coche, Toledo
-Ivan Cirre, especialista en motos de campo, Barbera del Valles
-Motores Estacionarios Antiguos " De Bosende ", recambios e revistas maquinaria antiga agricola, Lugo
-Sergio, recambio de coche e moto, Francia
-Lolo, recambio de moto, Ferrol
-Juaquin Estape, recambio de motos, Igualada, Barcelona.
-Fernando Pico, cromados, zincados, metalizado en plastico, recambios e antiguidades, Alicante.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 3 de junio de 2011


Arranca oCampeonato Gallego de Clásicas

O domingo dia 5, arrinca o Campionato Galego de Clásicas - Categoria Scooter e clásicas, no cirtuito da Magdalena, en Soutelo de Montes, onde o pasado sábado se celebrou a III 6 horas de resistencia en ScooterClassic.

Eiquí tendes os horarios das carrerias (moitisimas grazas JUAN, polo tua contribuzón):

Eiquí teneis o resto do calendario:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 2 de junio de 2011


Hoop Cola en Vespa

Boísimo este video de Hoop Cola, unha marca de refresco de cola polaca:



Como dicía un antigo anuncio de pneumáticos: "A potencia sen control non serve de nada", jajajjaja

+ info:

- HoopCola.pl

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 1 de junio de 2011


A 60 coa miña Vespa

Non, non é unha nova normativa de limitación da velocidade, coincide que, agora que estou mirando para cambiar de terminal movil, atopeime con esta promoción de Nokia, para todos os que compren un C6-00:

Agora xa só falta que me compre este terminal e tóqueme a Vespa, jajjajajaja, xa sería coñero xa...

Por certo, a web da promoción está moi currada e con detalliños de pequenas Vespas por todas partes:

+ info:

- A60conmiVespa.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España