viernes, 10 de junio de 2011


Proba: LML STARDELUXE 125 2t

Fai casi un ano desta proba, e xa iba sendo hora de que a pubricase.

Agora que está na boca de todos o retorno da Vespa Px aos mercados, non podemos esquecernos doutra clásica que ocupou o oco que ésta deixou, os últimos tres anos, a LML.

Tiven a oportunidade de probar unha LML Star Deluxe 125 2T, e podovos garantir que, no caso de ter que decantarme por unha escúter con imaxe clásica pero nova, esta sería unha moi boa opción.

O máis destacable, en comparación coa miña 160 clásica, é, por suposto, o freo de disco dianteiro, máis que eficaz.






O único que lle notei foi a falla de potencia ao apurar un pouco as marchas, pero é normal ao ser un motor de 125 cc de dour tempos, equipado cun catalizador.

Polo demáis, todo perfecto, boa condución, comodidade e posición dos controis.









Xa vos digo, unha moi boa opción a ter en conta, validado tamén pola sua calidade-prezo.

Grazas Xose Manuel pola oportunidade de probala.

+ info:

- LML España

Non me vou meter en describilas características da LML porque iso podedes consultalo directamente na sua web, onde ademáis poderedes ver os orixinais diseños que nos ofrecen.




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: