viernes, 17 de junio de 2011


Novas escúteres eléctricas na Coruña

Esta tarde paseime á inauguración dunha nova tenda en Coruña, onde entre outras cousas, venden escúteres eléctricos.

La Energia Verde, pretende ser un punto de referencia na cidade para poder acceder a todalas novidades en materia de enerxías alternativas, ofrecendo para o desprazamento, tanto escúteres como bicicletas eléctricas.

+ info:

- LaEnergiaVerde.es

Fai un tempo que vira que existían uns kits especiais para montar a unha Vespa clásica e convertela en eléctrica, situando as baterias en substitución do depósito e tendo que cambiala transmisión, detalle que non a facía demasiado notable


O problema era o prezo do kit... sobre 4000 dolares, agora, tendo en conta que o dono de La Energia Verde comentoume que o prezo da escúter eléctrica, unha vez aplicadas as subvencións, estará sobre os 2500 euros, confio que en breve ese tipo de kits estandaricense e baixen de prezo e podamos gozar deica pouco das nosas queridas escúter clásicas pero máis ecolóxicas, isto é, eléctricas.

A vantaxe parece que agora xa empezan a darse conta da importancia disto xa que os kits xa se ofertan por 1999 desbastares (Sound Spedd Scooters)

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: