jueves, 23 de junio de 2011


IV Expoclasicos no FIMO de Ferrol

A partires de mañá e ata o domingo (24 a 26 de Xuño) celébrase a 4ª edición de Expoclásicos, no FIMO (Feira Internacional de Muestas do Noroeste), recinto feiral situado na Malata - Punta Arnela (Ferrol).

Expoclásicos é un salón monográfico dedicado aos vehículos clásicos e de época, así como repostos, xoguetes e publicacións relacionadas.

O recinto abrirá cos seguintes horarios:
Venres 24: de 16:30 a 21:00 horas
Sábado 25 e Domingo 26: 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas

Aproveitando esta edición do Expoclasicos, celébrase o sábado 25 o 5º Rally de Ferrol de vehiculos históricos, que finalizará nas propias instalacións do FIMO, realizandose tamén unha proba de habilidade nun circuíto.

+ info:

- FIMO
- Escuderia Ferrol

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: