martes, 21 de junio de 2011


IV Escuterada Ourensana

Os amigos Avispados celebran este sábado a sua IV Escuterada Ourensá, que coincide tamén coa II XUNTANZA LUSO-GALAICA, onde se reunirán os escuteristas de ambolos lados da "raia?".

Aquí teneis a información que facilitaron:

Terá lugar o SÁBADO 25 de Xuño, e O PROGRAMA SERÁ:

- 11:00 inscricións, en lugar aínda por determinar polo Concello.
- 12:30 paseo urbano polas rúas de Ourense
- 13:30 I Concurso paellero-vespero, onde terá lugar unha competición entre 3 dos máis afamados Chefs vespistas, e onde os comensais decidirán que paella é a gañadora
- 16:30 II Gymkhana Urbana O Termalismo na Chavasqueira, a elixir: o que non queira enfrontarse aos demais escuteristas no reto de ser o primeiro nun trepidante concurso en equipo polas rúas de Ourense, sempre se poderá relaxar nas cálidas augas das termas privadas máis antigas de Ourense (traer bañador e chanclas obrigatorias)
-18:30 paseo ata Barra de Miño, merenda e agasallos para os participantes
- 20:30 Finalización

En principio o programa está ideado para o sábado, pero se a algún escuterista fáiselle curto o día ou tarde para regresar á súa morada, e opta por quedar a durmir en Ourense, terá unha ampla variedade de plans nocturnos.

Comezará a noite no Pub Ouren Rock, onde celebraremos unha festa escuterista, e onde poderás ter opción a que che toque unha autentica Vespa de manillar de tubo, (nun sorteo que coincidirá co sorteo de Nadal); e para esa noite contamos con máis plans, coincidindo coas Festas Locais celébrase o Festival Derrame Rock, concerto gratuíto de Mercés Peón ás 22:00h na Praza Maior, sesión de termalismo nocturno.

O vídeo promocional é unha autentica marabilla:



ATENCIÓN: Contemplamos a posibilidade de aloxar aos participantes nun pavillón, de xeito gratuíto, en caso de contar cun nº mínimo de persoas.

PREZO: Ademais, e considerando que non estamos nos mellores tempos para andar gastando, axustamos o prezo de inscrición a VINTE EUROS (20 €), pero só aos 120 primeiros. Para iso recomendámosvos que vos inscribades canto antes, realizando o pago na seguinte conta corrente de Nova Caixa Galicia 2091-0471-37-3040002598

+ info:

- foro avispado:
- Facebook

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: