martes, 13 de enero de 2009


Unhas galletas, cun toque segredo

Ainda coa resaca do nadal traiovos este video das galletas Ducales da marca Noel, orixinarias de Colombia, que teñen "un toque segredo".

Non sei cal será ese toque segredo, o que si sei e o toque que ten un dos seus anuncios publicitarios, unha preciosa Lambretta para unha fermosa historia de amor:



Eiquí tedes o spot, espero que o disfrutedes:


E esta é a ligazón.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 8 de enero de 2009


Para arricar ben o ano, 1º Invernovespa

Iso é, que millor que empezar o ano cunha escuterada baixo a neve.

Neve non sei se haberá, pero frio e posibilidade de choiva moita.

Por parte dos Vespeinados.com de Vigo e dos Avispados de Ourense, propuseronse que celebremos o arranque da tempada de escuteradas convocando a todo o que o desexe ao "1º INVERNOVESPA - A rapa das Vespas" o próximo domingo día 25 de Xaneiro en Santiago de Compostela.

Eiquí tedes o valo:

¡Da frio só de miralo!

O programa, en principio é:

- 12:00 h Concentración na PRAZA ROJA de Santiago.
- 13:00 h Mini ruta polo Centro e arredores.
- 14:00 h Xantar pola zoa.
- 17:00 h Paseo vespertino e remate da xornada.

+ info:
- Foro de Vespeinados.com
- Blog de Vespeinados.com
- Foro de los Avispados de Ourense
- Blog de Avispados Ourense

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 7 de enero de 2009


Pois xa rematou o 2008 e, este ano, qué?

Pois si, xa rematou definitivamente o 2008, e digo definitivamente porque eu non considero que termina ata que as televisións volven á súa programación habitual e deixan atrás todolo especiais e recordatorios do acontecido no ano finalizado.

Este ano pasado, pola miña banda, teño que recoñecer, que foi bastante completiño:

V&L Culleredo en castelán cumpriu xa un ano; 71 entradas no blog en galego para, no fondo, non dicir nada. (¡Hai deus mio! que me convertín nun político)

Por parte de Vespa, deixouse de fabricar o xa emblemático modelo PX , a última das Vespas consideradas clásicas, debido ás estritas leis de contaminación, tras trinta gloriosos anos:


Pola miña parte, e xa que menciono a Vespa, empecei a rodar coa miña flamante (a gustos pintan cores) 160.


á espera da ansiada restaurazón da Lambretta Li.


E xa que cito a Lambretta, dicir que en 2008 cumpríronse 50 anos do lanzamento dunha das maiores novidades mundiais da súa época, a lambretta 175 TV, "a primeira e única scooter do mundo equipada con freo de disco", como dicia a publicidade da época.


E que nos espera o novo ano?

Pois quen sabe.

Eu persoalmente teño un proxecto moi moi importante para este ano, xa que a finais de Maio nacerá a miña segunda filla (Celia) e creo que non hai proxecto máis importante que ese.

Isto vaime a limitar bastante á hora de asistir a concentracións e ata poder saír algún día a rodar, pero non importa, o caso é que haberá que facer as rutas "circulando" por internet para postear sobre as nosas queridas escúteres.

Dentro dos meus proxectos de artigos atópase o comezar o "Dicionario das escúteres de chapa da historia", ou o que é o mesmo:


Hai máis de 300 marcas que, ao longo da historia, fabricaron ou proxectaron un ou varios modelos de escúter e isto hai que recordalo, está claro, en galego.

Bo pois, logo de todo o devandito,


Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 4 de enero de 2009


Pasou o Nadal, o ano novo e, agora, os reis

Xa pasaron os atracóns de Nadal, trocamos de ano sin máis e agora chegan as Suas Maxestades os Reis de Oriente, carregados de agasallos e ilusións.

E anque cuns aniños de retraso ...



Xa vedes que, a publicidade, coma sempre, alimentase dos nosos bos momentos e das datas sinaladas.

Como di esa gran frase cinematográfica:

"Non e nada persoal, só son negocios"

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 31 de diciembre de 2008


Hoxe, como non, Feliz Aninovo a tod@s

Pois iso, que millor maneira de rematar o ano que brindando polo ano que maña comeza.

Dende V & L Culleredo deséxovos:


FELIZ ANINOV-O

FELIZ ANINOV-E

FELIZ ANINOV-ESPA e LAMBRETTA




Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 29 de diciembre de 2008


Remata o ano e estreamos ... calendario

Efectivamente, remata o 2008 e o primeiro que estreamos no ano novo son ... os calendarios.

Xa sexa o da panadería, o da gasolineira ou, como non, o do bar de abaixo, un clásico entre os clásicos.

Sabes que no bar vaste atopar cuns tochos de calendarios dos temas máis variados (e sempre repetidos), estes son:

- O escudo do equipo de futbol, do dono está claro.
- Algunha ñoñería de fotos de osos, bebés ou parellas con mensaxes de "amor pra sempre".
- E, como podía faltar, a "tetona" de quenda, que curiosamente desta versión sempre teñen catro ou cinco modelos, e son os primeiros que se acaban.

E para que tanto calendario? se cando nos fai falta algún nunca o temos a man e acabamos "tirando de móbil".

Pois para unirme a esta "moda" eiquí ofrézovos o meu calendario, pero tranquilos, vén gratis coa cosumición:



Pero para calendario escuterista que marcou unha época foi o de Lambretta de 1970, que tiña como protagonista a unha novísima Raffaella Carrá ("♫♪♫Mexplomexplotamexplo..♪♫♪"), e, casualidades da vida, é perfectamente valido para o ano 2009, ao coincidir exactamente coa disposición dos días.








Podedes descarregar o calendario da Carrá, en formato pdf, dende eiquí

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 24 de diciembre de 2008


♫♪♫ Esta noite e Noiteboa e maña xa é Nadal ♪♫♪

Un día como hoxe non podía titular doutro xeito este post, xa se que o primeiro que se nos vén á mente é esta repetitiva panxoliña pero, a verdade, somos así de simples.

Como non podía ser doutro xeito tiven que relacionar o Nadal coas nosas queridas escúteres así que fixen un recompilatorio de "Vespanoeles".

Hai a típica figuriña:







Os entrañables debuxos do Nadal:




A fotos pubricitarias:




E finalmente, como non, os frikis que queren dala nota:






FELIZ NADAL A TOD@S

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España