miércoles, 7 de enero de 2009


Pois xa rematou o 2008 e, este ano, qué?

Pois si, xa rematou definitivamente o 2008, e digo definitivamente porque eu non considero que termina ata que as televisións volven á súa programación habitual e deixan atrás todolo especiais e recordatorios do acontecido no ano finalizado.

Este ano pasado, pola miña banda, teño que recoñecer, que foi bastante completiño:

V&L Culleredo en castelán cumpriu xa un ano; 71 entradas no blog en galego para, no fondo, non dicir nada. (¡Hai deus mio! que me convertín nun político)

Por parte de Vespa, deixouse de fabricar o xa emblemático modelo PX , a última das Vespas consideradas clásicas, debido ás estritas leis de contaminación, tras trinta gloriosos anos:


Pola miña parte, e xa que menciono a Vespa, empecei a rodar coa miña flamante (a gustos pintan cores) 160.


á espera da ansiada restaurazón da Lambretta Li.


E xa que cito a Lambretta, dicir que en 2008 cumpríronse 50 anos do lanzamento dunha das maiores novidades mundiais da súa época, a lambretta 175 TV, "a primeira e única scooter do mundo equipada con freo de disco", como dicia a publicidade da época.


E que nos espera o novo ano?

Pois quen sabe.

Eu persoalmente teño un proxecto moi moi importante para este ano, xa que a finais de Maio nacerá a miña segunda filla (Celia) e creo que non hai proxecto máis importante que ese.

Isto vaime a limitar bastante á hora de asistir a concentracións e ata poder saír algún día a rodar, pero non importa, o caso é que haberá que facer as rutas "circulando" por internet para postear sobre as nosas queridas escúteres.

Dentro dos meus proxectos de artigos atópase o comezar o "Dicionario das escúteres de chapa da historia", ou o que é o mesmo:


Hai máis de 300 marcas que, ao longo da historia, fabricaron ou proxectaron un ou varios modelos de escúter e isto hai que recordalo, está claro, en galego.

Bo pois, logo de todo o devandito,


Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: