Coma todolos anos por estas datas, os quioscos llenanse de novas e variadas colecións de todo tipo, xa sexan tanques, dragóns, mini sopeiras ou xoieros de coleción, o caso e que, por norma xeral, podemos chegar a comprar o número 1, porque ten un precio supermegabarato e nada máis.
Teño que facer mención a unha coleción que sacou Planeta DeAgostini, sobre os "Cuentos inolvidables de Ferrandiz" (Ferrándiz, ilustrador, poeta e autor de contos infantís, naceu en Barcelona no 1917. Ao longo da década de 1940 iniciou a publicación dos seus célebres contos troquelados, que o convirteron nunah personaxe extremadamente popular entre o público infantil).
Dentro desa coleción, na quinta entrega, publicarán o conto troquelado titulado OLGA Y JORGE EN VESPA:
Según din na información da coleción, sobre este número:
"A Vespa foi, nos anos cincoenta e sesenta, un rasgo de modernidade. Os nenos non podían estar ao marxen do mundo no que vivían e, posiblemente por iso, Ferrándiz decidiu escribir e debuxar Olga y Jorge en Vespa.
Os protagonistas son dous irmans deportistas e simpáticos que nadan, patinan, xogan aos bolos e bailan rock-and-roll, pero que, sobre todo, van en Vespa.
Jorge leva a sua irmá ao lombo e participa en carreiras, xoga ao tiro ao arco motorizado ou, moderno cabaleiro andante, nunha ariscada maniobra salva a Olga dun touro enforecido.
Pero, para que non todo sexa diversión, esta e a maneira en que remata o conto: «Hai quen gaña un campionato, pero e en cultura un mentecato.
Olga e Jorge, campeóns e valentes, procuran ser igual de intelixentes.
En estudar sede os primeiros e así farédevos homes verdadeiros»".
Se queredes máis información desta coleción consultade a web de Planeta DeAgostini.
Pero non é o único conto troquelado antigo que vin. Fai un tiempo encontreime este catalán, en eBay:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 16 de enero de 2009
Os contos inolvidables de Ferrandiz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario