martes, 27 de enero de 2009


Crónica do 1ro Invernovespa

Nin nas peores previsións esperabase unha fin de semana de temporal coma o pasado, nin furacán Hortensia (no ano 1984) ni nada.

A pesares do frio, choiva, pedrizo, vento e incluso neve que tivemos que atravesar e soportar para xuntarnos no 1ro Invernovespa da historia, escuteristas de toda a xeografía galega capeamos estoicamente o temporal para poder compartir unhas horas con outros apaisoados deste tipo de vehículos en Santiago.

Anque o apelido da concentración, nsta 1ª edición foi "A Rapa das Vespas", creo que debería cambiarse por "O bautizo das Vespas" xa que auga caeulles, e moito.

O peor de todo non foi a climatoloxía, senón o trato recibido por parte da corporación municipal, que, xa deixando de lado que no seu día prohibiran que nos concentraramos na Praza Roxa (totalmente comprensible por non ter espacio para poder acoller ás 76 escúteres que finalmente nos xuntamos), non nos deron autorización para ir a Praza do Obradoiro, ainda coas motos apagadas, para facer a foto de recordo diante da catedral, senon que a parella de policías municipais que alí apareceron "tiñan ordes de sacarnos o antes posible da ciudade", coartando a nosa libertade de circulación poa vía PUBLICA, realmente lamentable.

Dende eiquí espero que o responsable desta decisión recibia o meu máis cordial tirón de orellas, con este tipo de actitude demostrase a ignorancia de algúns.

Eles so perden.

Isto non foi motivo, nin moito menos, para que a xornada fora do máis cordial e entrañable para os 103 "tolos" que nos xuntamos finalmente no xantar, que máis parecía unha voda, só habia que ver o "parque móbil" que nos estaba a esperar no aparcadoiro:



Graciñas a todos por facer algo tan grande polo escuterismo galego.


+ fotos:
Fotos en Picasa 1
Fotos en Picasa 2
Fotos en Picasa 3
Fotos en Slide 1
Fotos en Slide 2
Foro de Vespeinados.com

+ info:
Noticia aparecida en La Voz de Galicia

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: