viernes, 15 de mayo de 2009


Vaia fin de semana máis clásico

Pois si, este fin de semana está cargadiño de "eventos motociclísticos clásicos" (non sei si existe esta expresión pero por si a SGAE, pidome os dereitos de autor).

Por unha banda a IIIª edición de FEGACLASIC en Pontecesures, que se celebra o sábado e o domingo (16 e 17 de Maio), donde, como eles mismos din, "poñemos a súa disposición, unha carpa con superficie suficiente para albergar varios stands de 15 m2 completamente GRATUITOS, nos que as persoas dos clubs poidan mostrar os seus proxectos e as súas actividades.".

Incrible, totalmente gratuito, eso non se oferta todolos días.

Podedes consultar + info na ligazón oficial fegaclasic.org

Por outra banda chega unha das clásicas de clásicas (esto si que e rizalo rizo da prosa - hoxe estou que me saio), a RUTA ROSALIANA DE MOTOCICLETAS CLÁSICAS, que coma todolos anos celebrase o Día das letras galegas (17 de Maio), organizado polo Moto Clube Compostela.

As inscriciones serán a partir das 9:00 h. na Praza Roxa (ahhhh!!! para estos si que se lles deixa entrar en Santiago, e cando fumos ao Invernovespa, botaronnos rápidamente da cidade, non vexo esta decisión moi democrática eh?), bo pois a saída da ruta sobre 10:30 horas.

Tedes + info en Motoclubecompostela.com, e nos teléfonos 696797022 e 667120509.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: