lunes, 20 de julio de 2009


Crónica V Concentración Motos Clásicas Concello de Zas

A pesares das previsións o día comenzou nubrado e cunha lixeira saraiba, así que puxemonos rumbo a Zas ben "enfundados".

Despóis dunha horiña de viaxe e unha vez achegados a Baio, xa comezamos a xuntarnos a outros asistentes á concentración.

Na Praza do Concello de Zas xa empezabanse a ver moitas máquinas deseosas de facer quilómetros.

Feita a inscripción (simbólica) e despois de recibiren unha camiseta e un pañuelo conmemorativo, arrincamos a unha (longa) ruta sen abandonala chovizna que nos acompañou unha boa parte da xornada.

Unha volta polas ruas de Zas e Baio e continuamos camiño a Vimianzo, para enlazar coa carretera de Camariñas, non sen antes facer unha parada (bastante rara, xa que se fixo no medio da carretera) para repostar en Ponte do Porto.

Continuamos ruta cara a Camariñas e o día xa empezaba a mostrarnos unha mellor faciana.

Subida hasta as fantásticas paisaxes do entorno do faro de Cabo Vilán (onde fixemos outra parada), para retornar de novo ao paseo marítimo de Camariñas, para tomar un refrixerio.

E arrincamos de novo para facer a etapa final da ruta, nesta ocasíón, xa acompañados dun sol de xustiza.

De Camariñas a Vimianzo, despois a Baiñas e finalmente Zas de novo, para subir hasta a Ermida de San Roque, onde esperabanos un xantar campestre (a base de churrasco, chourizo e pan) nun merendeiro no entorno da ermida.

A miña máis sinceira noraboa á organización, por brindarnos unha concentración tan ben organizada.

100 kms de ruta pola comarca, oitenta e tantas motos inscritas e máis de cen participantes deixaronme un máis que bo sabor de boca.

A nota "negra" da xornada sucedéume cando voltaba a casa, xa que, unha vez que parei a repostar en Agualada (Coristanco), a Vespa 160 non quixo arrincar máis, e tivose que vir de volta no gindastre da asitencia en carretera.

¿Que lle imos facer? C'est la Vie

Tódalas fotos da ruta nesta ligazón ao álbume Picasa.

Tamén podedes disfrutar deste video da parada no faro de Cabo Vilano:


Vespa & Lambretta desde Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: