jueves, 9 de julio de 2009


Festas na miña casa - Vilaboa 2009

Esta fin de semana celebranse as festas de verán de Vilaboa - Culleredo e con ese motivo os amigos do Moto Clube Culleredo organizan, por segundo ano consecutivo, unha concentración moteira, no campo da festa, o sábado ás 18:00 horas, á que espero asistir.

Tal e como me dixeron, despoís faremos unha ruta polas parroquias de Culleredo e, aproveitando que tamén hai festas en Peiro, faremos alí unha paradiña (e fonda).

Ao voltar ao campo da festa, en Vilaboa, esperannos uns pichos de empanada.


Invitovo a todos/as a acompañarnos nesta volta polas parroquias do concello de Culleredo.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: