Fai un tempo lín nun foro (non recordo cal) a maneira de fabricarse un antirroubo caseiro para as nosas escúteres, neste caso a miña 160, xa que, ao non ter disco ni oco na llanta para colocarlle unha "pitón" pasante (non me gusta o "pitón" de puño), pareceume unha boa soluzón.
Precisamos:
- 1.- Unna barra antirroubo de coche dun formato similar a algún dos seguintes:
- 2.- Un antirroubo de moto para disco de freo (neste caso utilicei un pequeno):
A ventaxa deste tipo de antirroubos de coche é que podemos obter dua pezas que nos poden valer para o antirroubo final:
A diferenza que ten a barra superior e a inferior é o diámetro das mesmas:
Na lamia da 160 fixenlle un pequeno burato, para poder pasala barra dun lado a outro:
Na barra tiven que rebaixar polos dous lados para que pasase o antirroubo de moto:
A miña intención tamén era facerlle un burato á barra para poder enganchalo antirroubo de moto, anque parecíame que debilitaría a mesma, así que unha vez que probei a pechalo, despois de pasala barra vín que quedaba perfectamente asegurada, así que dín o brico-moto por rematado:
Ao final fixenlle dous rebaixes, un á beira do outro, porque un está axustado á medida da barra de direción e a llanta e o segundo (o máis externo) está pensando para si teño que suxeitala moto a algún elemento fxjo (aparca bicicletas, suxeita colectores, sinais, etc) e tener un pouco máis de folgura.
A ventaxe do sistema é que ocupa pouco, e podese levar en calquera lugar:
Desexo que realmente sexa efectivo e non me leve ningunha sorpresa cando aparque a moto, pero isto é como o dito
"Máis vale prevenir, que curar"
Modificazón do post o 29-10-09.
E iste é o resultado final:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 27 de octubre de 2009
Antirroubo caseiro para a escúter
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario