Os Golfos Artabros ímonos este domingo (11 de outubro) a Lugo coa escusa de ir comer o famoso polbo, unha escusa como outra calquera para facerlle quilómetros ás escúteres.
Estais todos invitados a acompañarnos tanto na ruta como na comida.
Sairemos puntuais ás 11 horas da rotonda do paraguas no Temple - Cambre, xuntándonos cos da zona de Ferrolterra no cruzamento de Guisamo, circulando sempre pola N-VIN ata chegar a Rábade, onde encheremos e unirállenos outro grupo de amigos.
Os que vingan do sur, vémonos na gasolineira que hai na entrada de Lugo, pola estrada de Santiago.
Despois irémonos a comer á Pulpeira MACIÑEIRAS que está na ROLDA DAS FONTIÑAS Nº 89-91, sobre as 14:00 h.
Despois de comer daremos unha pequena volta por Lugo, procurando rodear polo menos a muralla, xa que o noso son os monumentos Patrimonio da Humanidade.
¡¡¡Imos acabar con todo o polbo de Lugo!!! e a procurar que ningún veña de volta de polisón
+ info:
- Gol-Foro
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 8 de octubre de 2009
Vespulpada en Lugo o domingo das mozas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario