miércoles, 25 de febrero de 2009


S'acobou o entroido

Pos sí morta a sardiña (e soterrada) acabouse o entroido, ou algo así é o dito.

O entroido, días de pantallas, ledicia e por riba de todo orellas, freixós e filloas, de tanto xantar parece que imos rebentar e ainda así segues e segues comendo.

Todo isto hai que tomalo con moito humor, dexarse levar e inventarse paranoias coma esta que me encontrei en CarnavaldeCadiz.comun pasodoble titulado

VESPA A NUEVA YORK

Non o traduzo para nos varialo senso dos versos

Por fin ya he conseguido
tener una Vespa que era mi sueño y mi ilusión ,
recorro la provincia en mi moto y subido
produzco la envidia del pobre peatón.
Mi Vespa es mi Platero
Con ella voy tranquilo y con seguridad
Es mi fiel compañera (bis)
No busque en el mundo entero
pues no hay otra moto igual
Están insignificante la gasolina que gasta el motor
no se asombre ni se espante
pues con unos cuantos duros
me lleva seguro hasta Nueva York
Si Juan Ramón Jiménez
estuviera entre nosotros
el cariño placentero que le tenia a Platero
es posible que hubiera roto
y entonces su poesía el poeta las diría
a su magnífica moto.


Autor: Agustín González "El Chimenea"
"Los Cantores de Acapulco"

E esta é unha interpretación en imaxen que lle fixeron ao pasodoble:



Esta chirigota de Los Titis de Cái, tamén deixanos ver unha Vespa no esceario, coma unha protagonista máis do seu atuendo:


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 23 de febrero de 2009


Mira Said, sen máns

As olimpiadas rurais de Kila Raipur, en Nueva Delhi (India) reunen cada ano a máis de tres mil participantes e pódense ver as disciplinas máis exóticas e raras.

O outro día ao vela nova no canle 24h de rTVE, quedeime abraiado con estas imaxes:


Pareceume impresionante, e segundo comentan na web de rTVE:

"Estes xogos olímpicos rurais celébranse dende 1933 e, o máis curioso é que non hai límite de idade. Hai máis de 50 disciplinas coma os 100 metros para maiores de ¡90 ANOS!, carreiras de mulas, de tractores ou probas de forza con motos ou bicicletas"

Tendes o impresionante video nesta ligazón de rtve.es

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 22 de febrero de 2009


22 anos sen Warhol


Fai 22 anos, o 22 de febreiro de 1987, deixóuno un dos artístas que, ao meu pouco entender en arte, marcou unha época e un estilo.

Andy Warhol foi a figura máis destacada do movemento pop art e está considerado coma un dos artistas máis influintes do século XX.

Quen non veu algunha vez as suas famosas latas de soupa Campbell ou os retratos colorexados de Marilyn Monroe.

Dende aquí a miña máis sincera homenaxe a este polifacético, á vez que polémico, artista.



Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 18 de febrero de 2009


O que non ten que facer ...

Hai que recoñecer que haber hai xente que se aburre moito.

O do Tuning é unha cousa, pero isto xa é pasarse:


Este si que pode dicir iso de .."¿Que si o meu escúter corre? ¡O meu escúter é un misil!"

Ou neste caso dirá: O meu escúter, ¡papaos a todos!

A verdade é que agora que estamos no entroido, sempre son ben recibidos estes u outros modelos de disfraces, para ir vendo exemplos máis que nada.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 16 de febrero de 2009


Hai un novo clube na zoa

Chamase Golfos Ártabros Escúter Clube e veu para quedarse.

O pasado domingo, despóis de xuntarmos estes nove intrépidos escuteristas da bisbarra, falámolo e decidímonos, ¡imos formalizalo clube!

Tódolos inicios fanse con moita ilusión e desexamos que todo saia á perfeción, pero bo, pouco a puoco.

Se queredes máis información sobre o novo escúter clube, só tendes que aceder ao blog GolfosArtabros.blogspot.com, e alí iremosvos contando tódalas novidades que se vaian producindo na formación e desenvolvemento do Golfos Ártabros Escúter Clube

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 13 de febrero de 2009


¡Canto amor!, é o día de San Vespalentín


14 de Febreiro, recórdovos que é o día que nos dín que temos que querer ás nosas parellas, e temos que lembrarnos de demostrarllo, precisamente éste día, comprándolles algún agasallo.

¿Pero esto que é? Unha ditadura amorosa ou qué? Só se pode ser agarimoso este día? e o resto do ano coma se non lle falas, por que ahh! xa cumpriches, regalácheslle flores "O día dos namorados".

Dende o século XIX o costume e dar "postais de amor ou cariño" aos amigos, namorados, noivos ou esposos, pero a esta prática sumouselle o dar outro tipo de agasallos como rosas e chocolates, normalmente agasallados polos homes ás mujeres (fonte WIKIPEDIA).

Pois esas postais, tamén chamadas "valentines", realizanse con debuxos tan bos coma estes:






Este "valentín" é para vos, ¿queredes ser o meu Vespalentín?

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


Andamos a arrancar un escúter club

Pois ao final medio decidímonos e andamos intentando arrancar a constitución dun escúter club na zoa de Coruña e Narón Ferrol, o que ven sendo o Golfo Ártabro.

Este domingo, 15 de febreiro, imos facer unha 1ª saida NO oficial, para pasar unha boa mañá, conocernos un pouco millor e intentar xestar un éscuter club robusto e con ganas de crecer e instaurarse na escea escuterista galega, para acompañar a outros grandes clubs galegos, dos que esperamos tomar un bo exemplo, como son os Vespeinados de Vigo o el Club Vespa-Lambretta Clásica de Ourense, sen desmerecer, por suposto, a todolos demáis clubes galegos.

Para os que estén interesados tedes máis información no blog provisional do escúter club.

Tamén podedes porvos en contacto no enderezo de correo electrónico escutercoruna@gmail.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 11 de febrero de 2009


Un pouco de música: La Zurda

La Zurda e unha banda arxentina que leva 10 anos dando guerra coa sua mistura de estilos musicais (rock, hip-hop,...) con sons autóctonos latinoamericanos.

O resultado é unha música, para min, moi fresca e "escoitable".

E sempre está ben ter unha boa sintonía, se esta ven acompañada dunha boa escúter:


Vai montado nunha Iso Diva Milano 150cc, que debe de formar parte da sua historia xa que aparece tamén no seu disco do 2007 "Para viajar":

e podemos vela tamén na sua web, La Zurda.net, soportando á banda:

Pois ahí precisamente, na sua web, é onde podedes ver e escoitar máis sobre La Zurda.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 10 de febrero de 2009


A Vespa, o mellor vehículo familiar

Ou iso foi o que dicía a publicidade da época.

Hai que ter en conta que cando naceu, fixose coa intención de erguer un país que saía dunha guerra, e popularizouse por seres un vehículo manexable, asequible e, máis que demostrado, resistente, o que levou a moitas familias a utilizalo para desplazar a todolos seus membros:

e iso foi o que debeu pensar este, para reconvertir esta PX nunha Vespa XXXXXXXL (deben ser 10 de familia, a lo menos):


Ao ver esta foto acordeime de haber visto algo similar, rebusquei nas carpetas e carpetas de imaxes e efectivamente, non era a primeira modificación deste tipo que vía, pero isto quedase nunah Vespa XXL simplemente:


Ou coma dicimos aquí en Galicia, "o que non ten que facer..."

· Actualización o día 14 de Febreiro:
Esta tamén é de destacar pola sua loooonnnnxxxxiiiiitttttuuuudddddeeee:

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

domingo, 8 de febrero de 2009


Ligazóns aos Clubes Lambretta nacionais


E agora, xa para rematar coas ligazóns aos grupos escuteristas, os clubes Lambretta nacionais:


COMUNIDAD AUTÓNOMA O PROVINCIALAMBRETTA CLUB
LAMBRETTA CLUB DE ESPAÑA

ANDALUCÍA


Almería
Cádiz
Córdoba
Granada
Huelva
Jaén
Málaga
Sevilla

ARAGÓN

Huesca
Teruel
Zaragoza

ASTURIAS

Asturias

CANARIAS

Las Palmas
Santa Cruz de Tenerife

CANTABRIA

Cantabria

CASTILLA LA MANCHA

Albacete
Ciudad Real
Cuenca
Guadalajara
Toledo

CASTILLA-LEÓN

Ávila
Burgos
León
Palencia
Salamanca
Segovia
Soria
Valladolid
Zamora

CATALUNYA


BarcelonaLambretta Club Barcelona
Girona
Lleida
Tarragona

CEUTA-MELILLA

Ceuta / Melilla

COMUNIDAD VALENCIANA

Alicante
Castellón
Valencia

EXTREMADURA

Badajoz
Cáceres

GALICIA

A Coruña
Lugo
Ourense
PontevedraLAMBRETTA VILAGARCIA

ILLES BALEARS

Baleares

LA RIOJA

La Rioja

MADRID

Madrid

MURCIA

Murcia

NAVARRA

Navarra

PAÍS VASCO


Álava
GuipúzcoaLAMBRETTA CLUB EIBAR
Vizcaya


Xa vemos que son poucos, pero non por iso menos importantes.

Coma sempre, a ligazón a esta relazón, poñoa sa disponible na listaxe lateral.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 6 de febrero de 2009


Ligazóns aos Clubes Vespa de España



Xa que no seu día referenciara as ligazóns aos clubes escuteristas, agora tocalle a quenda aos clubes Vespa nacionales, eiquí os tedes:


COMUNIDAD AUTÓNOMA O PROVINCIAVESPA CLUB
VESPA CLUB DE ESPAÑA

ANDALUCÍA


Almería
Cádiz
CórdobaVespa Club Córdoba
Granada
Huelva
Jaén
Málaga
SevillaVespa Club Sevilla

ARAGÓN

Vespa Club Aragón
Huesca
Teruel
ZaragozaVespa Club Zaragoza

ASTURIAS

Asturias

CANARIAS

Las PalmasMoto Club Vespa Gran Canaria
Santa Cruz de Tenerife

CANTABRIA

Cantabria

CASTILLA LA MANCHA

Club Vespa La Mancha
Albacete
Ciudad Real
Cuenca
Guadalajara
Toledo

CASTILLA-LEÓN

Ávila
Burgos
León
Palencia
Salamanca
Segovia
Soria
Valladolid
Zamora

CATALUNYA


BarcelonaTeam Vespa Barcelona
Vespa Club Sabadell
Vespa Club Terrassa
Vespa Club Torrelles de Llobregat
Girona
Lleida Vespa Club Lleida
TarragonaVespa Club Reus

CEUTA-MELILLA

Ceuta / Melilla

COMUNIDAD VALENCIANA

Alicante
CastellónVespa Club Castelló
ValenciaVespa Primavera Valencia

EXTREMADURA

Badajoz
Cáceres

GALICIA

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra

ILLES BALEARS

Baleares

LA RIOJA

La Rioja

MADRID

MadridMr Magoo Sierra Norte
Vespa Primavera Club Madrid

MURCIA

Murcia

NAVARRA

Navarra

PAÍS VASCO


ÁlavaVespa Club Vitoria
Guipúzcoa
VizcayaBILBOVESPA - Club Vespa Bilbao


Ao igual que vos dixera coas ligazóns a clubes escuteristas, supoño que faltarán máis, pero pouco a pouco vou ir actualizandoos, mentras tanto, a ligazón a esta relación, poñoa xa dispoñible no listaxe lateral.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

miércoles, 4 de febrero de 2009


NORABOA NADAL!!!



Anque cun par de días retrasado:

¡ ¡ ¡ N O R A B O A C A M P E Ó N ! ! !

e gracias por ofercernos a todos un marabilloso espectáculo deportivo, non só por unha gran final, senon por unha inolvidable semifinal, española, de vértigo.

Gracias tamén, por demostrar que a rivalidade non está rifada coa cabalerosidade para có contrario, e gracias, finalmente, por seguir mantendo viva a interese televisiva por outros deportes que non sexan o dichoso futbol.

"Nadal sigue facendo historia" - como pubricaban moitos titulares dos xornais - "por seren o primeiro español en gañar o Open de Australia".

Si Australia, ese continente que en teoría tiña que selo máis parecido ao noso, pero coas estacións trocadas, non se parece nin no nome, onde podeste atopar dende un aboríxen seudoprehistórico, a un cowboy ao máis puro estilo americano, ou un metropolitá europeo.

E que dicir da sua fauna, pelícanos, canguros, koalas, demos de tasmania ou ornitorrincos.

E ¿qué e un ornitorrinco?, o mister potato do mundo animal ou ¿qué? Un mamífero ovíparo con aspecto de pato e de vida anfibia, pero ¿esto que es o que es? Pois segundo a serie de animación The Koala Brothers, o perfecto conductor de escúter:

Este e Alice, co seu escúter verde:

Equí están o resto de persoaxes, e a escúter aparcada nun lado:

E que me dicides deste debuxo para colorexar:


Podedes descarregaros este e outros debuxos para colorexar, pichando nesta ligazón da serie The Koala Brothers e seleccionando as distintas opcións da web (os que temos fillos, agradecemos bastante este tipo de recursos).

Pero, en definitiva, o ornitorrinco e ao mundo animal, o que a Lambretta Pony1 ao mundo escuterista, aproveitando os repostos da fábrica de Eibar, e ante a imposibilidade de plantexarse proxectos novos, os enxeñeiros da marca e baixo o conceto de imitar unha Honda Dax made in Eibar, foron unindo retais ata dar cun resultado non menos que descutible:

Escapes do ciclomotor, depósito da Honda PS50, faro da 125D, o gardabarros dianteiro era o traseiro da escúter, etc...foron presentados, formando este extraño modelo, coa ocasión do Salón do Automóvil de Barcelona de 1972, pero non chegou a fabricarse en serie.

Outro prototipo que se queda na memoria.

1 Fonte: libro "LAMBRETTA (SERVETA) La eterna segundona (1954-1990)" de Francisco Herreros, editorial MOTO RETRO, ISBN 84-931915-3-1

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 3 de febrero de 2009


Seguimos coa mistura de porco e escúter

Despois do valo do Vespalacón un recapacita e, xa sacando a mistura que sae entra a reunión escuterista e a laconada, non vexo ningún outro motivo polo que se deban ou puidan mesturar porcos e escúteres.

Eu non, pero vexo que hai xente que si sabe destas mesturas:

(Vistos en MINI MOD DESIGNS)


Pero hai que recoñecer que estes "frikis" dedicanse a debuxar ou facer montaxes, pero éste, que se fabricou unha motoporco...ten delito

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 2 de febrero de 2009


I Vespalacón en Cuntis (Pontevedra)


O recen formado Scutre Clú de Cuntis (Pontevedra) ten prepara unha concentración escuterista para o próximo día 15 de Marzo, baixo o nome de I Vespalacón, e aproveitando A FESTA DO LACÓN CON GRELOS desa localidade.

Segundo din na sua web:

- poderán asistir todos aqueles que presuman de Vespa ou Lambretta.

- a inscripción será gratuita (únicamente haberá que pagalo xantar, que rondará os 6 €)

A xornada completarase cun fermoso paseo polos concellos de Caldas, Cuntis e Moraña.

Haberá agasallos para os clubes asistentes e sortearanse invitacións para disfrutar do AquaForm no balneario de Cuntis.

Para o que queira irse anotando, enviade un mail a info@vespalacon.com

Eiquí tedes o fantástico deseño do valo da vespaLaconada:


+ info:
· Vespalacón.com
· Blog de Vespadicto
· Foro de Vespeinados.com

Ireivos mantendo informados de calquera novidade que se produza.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España