Segndo informa o Vespa Club de Galicia, o próximo domingo, 13 de xaneiro de 2013, celebrarán o seu II Encontro, polo que informaron a todos os seus socios (e eu fago extensivo a todos os seus simpatizantes), co seguinte mail:
Estimado@ Soci@:
O VESPA CLUB DE GALICIA organiza este segundo encontro xa cos seus asociade@s. celebrando unha saída que terá lugar o vindeiro domingo, 13 de xaneiro, desde Vigo- Pontevedra-Ourense ou A Coruña ata Cerdedo (Pontevedra), onde vos faremos entrega do voso carnet e material de bienvenida. L@s que saímos desde Vigo, farémolo ás 09.30 horas da cafetería Momper (Av. Florida, 52) en Vigo, para dirixirnos cara a Redondela pola N-552 e, desde alí, cara a Pontevedra; onde conectaremos con l@s asociade@s da capital de Lérez sobre as 10.30 horas, para seguir circulando pola estrada de Ourense ata o restaurante Ou' Comareiro (rúa Ourense, 12) en Cerdedo.
L@s que participen, deben recordar que as motos deben estar en orde de marcha, con seguro obligatoorio e ITV ao día. Rogámosvos que sigades as instrucións dos organiozadores, que levarán un chaleco distintivo ao efecto.
O itinerario proposto é: https://maps.google.es/maps/ms?msid=211604788969633811244.0004d2b1244dbd3ab2d0d&msa=0&ll=42.37473%2C-8.566545&spn=0.354574%2C0.837021
Nese local, comentarémosvos con máis detalle os pasos dados polo VESPA CLUB DE GALICIA, así como invitarémosvos a un refresco, para, ao finalizar facer unha foto de familia nun lugar moi próximo e regresar a comer ao momento de orixe de cada cal.
CONTAMOS CON TOD@S VOSOTR@S. Queremos a vosa participación, suxestións e apoio. Calquera dos membros da directiva estará á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que teñades.
Doutra banda, si algun@ non pode vir e quérenolo comunicar con anticipación, está aberta esta liña de comunicación por correo electrónico para que o faga.
Si algun@ de vosotr@s non quere desprazarse ata Vigo e prefire saírnos ao encontro, por favor, enviade un aviso por Messenger ou ben a vespaclubdegalicia@hotmail.com co fin de coordinarnos. Solicitámosvos que l@s que saiades da Coruña, Ourense ou outro punto calquera, procuredes organizarvos en grupos próximos e, en todo caso, comuniquédesnos onde conectaredes co resto do grupo, si é nun lugar distinto ao destino en Cerdedo.
Desexando poder saudarvos personalmente,
A directiva do VESPA CLUB DE GALICIA
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 11 de enero de 2013
II ENCUENTRO VESPA CLUB DE GALICIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario