miércoles, 23 de enero de 2013


Exposición AS MOTOCICLETAS NA HISTORIA DO SALNÉS

Unha moi boa inciativa por parte dos amigos do Club Motos Vellas do Salnés, inaugúrase este domingo en Cambados (Pontevedra)

A exposición "AS MOTOCICLETAS NA HISTORIA DO SALNÉS", estará instalada ata o 10 de febreiro na Antiga Fábrica de Pena, en Cambados. Nela poderanse ver preto de cen exemplares, todos eles con máis de corenta anos de vida e que, nalgún caso, roldarán os cen anos de historia. Haberá catro grandes grupos de motos: · Nacionais (Bultaco, Montesa...) · Estranxeiras (Harley Davidson, BMW, ...) · Motos con Sidecar (Jawa, Derbi, Royal Einfield...) · Scooters (Lambretta e Vespa) Neste último bloque, estará exposta a colección completa de Vespas do noso gran amigo, recentemente falecido, Rafa Blanco. Ademais dos catro bloques principais, haberá un espazo reservado para as motos do club participantes no Campionato Galego de Velocidade (Motos GP e Scooter) e outro espazo reservado para motos sen restaurar ou en proceso de restauración, para que os profanos na materia poidan ver como atopamos as motos e como quedan tralo proceso de restauración. Recordade, dende o 27 de xaneiro ata o 10 de febreiro de 2013, cos seguintes horarios: - De Mércores a Sábado de 16:00 a 20:00 horas - Domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas E si a propia exposición é moi interesante, o recinto onde se celebra non se queda atrás, xa que a Antiga Fábrica de Pena é unha nave, foi, no seu momento, unha fábrica de conserva, e, actualmente esta totalmente restaurada e dedicada a salón de congresos e exposicións. Conta cunha superficie duns 700 m2 nunha soa planta diáfana. Fonte: MOTOREINA (Peña de amigos de la moto clásica) Asi que é unha boa escusa para gozar dun pouco da historia da motocicleta, e aproveitar, de paso, para visitar aos amigos .... Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: