Chega de novo unha das citas máis divertidas do calendario escuterista galego, o VESPALACÓN e alí estaremos para gozar cos amigos do ScutreClú e demais amigos escuteristas.
Tal e como consolidaron o ano pasado, comezarán o Sábado 16 de febreiro, pola noite, cun VespaGuateque, presentando a actuación da estrela setenteira Karina (si si, a de verdade, a do baúl dos recordos ...)
O día grande do Vespalacón, o domingo 17 de febreiro, vaise a realizar un ruta duns 19 kms, pasando por Cuntis, A Casiña, Arcos, Ducío, Loureiro, Portela, Anllada e regreso a Cuntis. No transcurso da ruta farase unha parada en Arcos, para visitar o único cemiterio soterrado de toda Galicia... (e tal e comos advírtennos os amigos do ScutreClú: "dá cosiña".
Ó voltares en Cuntis, gozaremos dunha maxilaconada na XVI Festa do Lacón con Grelos.
IMPORTANTE!! Se quéresdes quedar a xantar É OBRIGATORIO RESERVAR previamente no telefono 986 533 600 (Departamento de Cultura do concello de Cuntis).
+ info:
- Vespalacón.com
- ScutreClú en Facebook
- Turismo de Cuntis
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario