Coma todolos anos por estas datas, os quioscos llenanse de novas e variadas colecións de todo tipo, xa sexan tanques, dragóns, mini sopeiras ou xoieros de coleción, o caso e que, por norma xeral, podemos chegar a comprar o número 1, porque ten un precio supermegabarato e nada máis.
Teño que facer mención a unha coleción que sacou Planeta DeAgostini, sobre os "Cuentos inolvidables de Ferrandiz" (Ferrándiz, ilustrador, poeta e autor de contos infantís, naceu en Barcelona no 1917. Ao longo da década de 1940 iniciou a publicación dos seus célebres contos troquelados, que o convirteron nunah personaxe extremadamente popular entre o público infantil).
Dentro desa coleción, na quinta entrega, publicarán o conto troquelado titulado OLGA Y JORGE EN VESPA:Según din na información da coleción, sobre este número:
"A Vespa foi, nos anos cincoenta e sesenta, un rasgo de modernidade. Os nenos non podían estar ao marxen do mundo no que vivían e, posiblemente por iso, Ferrándiz decidiu escribir e debuxar Olga y Jorge en Vespa.
Os protagonistas son dous irmans deportistas e simpáticos que nadan, patinan, xogan aos bolos e bailan rock-and-roll, pero que, sobre todo, van en Vespa.
Jorge leva a sua irmá ao lombo e participa en carreiras, xoga ao tiro ao arco motorizado ou, moderno cabaleiro andante, nunha ariscada maniobra salva a Olga dun touro enforecido.
Pero, para que non todo sexa diversión, esta e a maneira en que remata o conto: «Hai quen gaña un campionato, pero e en cultura un mentecato.
Olga e Jorge, campeóns e valentes, procuran ser igual de intelixentes.
En estudar sede os primeiros e así farédevos homes verdadeiros»".
Se queredes máis información desta coleción consultade a web de Planeta DeAgostini.
Pero non é o único conto troquelado antigo que vin. Fai un tiempo encontreime este catalán, en eBay:
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
viernes, 16 de enero de 2009
Os contos inolvidables de Ferrandiz
jueves, 15 de enero de 2009
Amerimbretta 2008

Como xa vos adelei no post anterior, do 5 ao 8 de decembro levouse a cabo a reunión arxentino-chilena denominada Amerimbretta.
Según publican na web de AMACH :
"Cruzamos la cordillera un grupo de amigos de Amach, Eduardo Fernández con la Lambretta A modelo 1947, Jorge Pallero con su Lambretta 125 LD del año 1960, Eduardo Frías con la Siambretta 125 LD 1959, Manuel Piqueras con la Siambretta 125 STD y como apoyo Daniel Herbón con una Zanella Sol 110 y Adriana Pallero con un Clio y un trailer.
Hemos sido recibidos y agasajados por la gente del Lambretta Club Chile, entre ellos destacamos a Rodrigo, Mauricio, Huaso, Víctor, Orlando, Vespadicto, Gonzalo y a todo el resto de miembros del club, los cuales nos han tratado de maravillas y cuesta describir lo bien que nos hemos sentido al compartir ese fanatismo y devoción que tenemos por las motonetas.
Tener en una actividad a la primera Lambretta, o sea el Modelo A de Eduardo Fernandez (nuestro presidente) y a la última de la saga Innocentti, es decir la Lambretta DL200 de 1969, del amigo chileno Enrique Pozo, es un hecho único a nivel sudamericano. Y si señores, como dicen nuestros compañeros chilenos... estamos haciendo historia. Para empezar, el viernes en la noche tuvimos una buena cena de bienvenida en el Estadio Español. Eramos 23 comensales!
El sábado un impecable paseo por Santiago organizado por Augusto Herrera. Los motores de 2 tiempos despertaron en la memoria de La Moneda, Cerro Santa Lucia, San Cristobal y otros lugares emblemáticos de la ciudad de Santiago.
Nos alegro ver en la caravana a Guido Huerta en su Li 1960 y a Jano en su Motobecane Moby con corazón Innocentti.
El asado en el Parque Metropolitano fue excelente. Mucho calor que gracias a las birras se apagó."
Unhas fotos do acontecemento: 

Da gusto ver como se aproveita o "veran austral".
Eiquí tedes un video do Amerimbretta 08:
Eiquí tedes a ligazón.
Estas iniciativa son as que animan a organizar, cada vez, máis e máis eventos de confraternización entre distintos clubes.
Un saudo, neste caso, aos dous clubes organizadores, o Lambretta Club de Chilee os Amigos Motos Antiguas de Chivilcoy.
+ fotos:
Web de Amach
Web del Lambretta Club de Chile
Foro ADACH
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 14 de enero de 2009
Uns novos amigos arxentinos
Chegoume un correo electrónico de Eduardo Fernández, ao que lle din "el gallego de Chivilcoy", Provincia de Buenos Aires, Argentina, e presentoume o clube que el mesmo preside, o AMACH, AMIGOS MOTOS ANTIGUAS CHIVILCOY.
Por este motivo gañaronse a sua posición no listado de ligazóns escuteristas do blog, benvidos e un saudo a todolos seus membros.
Graciñas Eduardo polas fotos das tuas xoyas, uhna preciosa Innocenti 48 cm3:
Un insuperable patinete, Lambretta A (del 47/48):e unha, sempre peculiar, Siambretta 150 cm3:
O máis destacable destes "tolos" AMIGOS das MOTOS ANTIGAS de CHIVILCOY, é que organizaron, o que denominaron Amerimbretta, cruzando a cordilleira andina para reunirse cos seus colegas do Lambretta Club Chile, pero iso, contarémolo outro día.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 13 de enero de 2009
Unhas galletas, cun toque segredo
Ainda coa resaca do nadal traiovos este video das galletas Ducales da marca Noel, orixinarias de Colombia, que teñen "un toque segredo".
Non sei cal será ese toque segredo, o que si sei e o toque que ten un dos seus anuncios publicitarios, unha preciosa Lambretta para unha fermosa historia de amor:

Eiquí tedes o spot, espero que o disfrutedes:
E esta é a ligazón.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
jueves, 8 de enero de 2009
Para arricar ben o ano, 1º Invernovespa
Iso é, que millor que empezar o ano cunha escuterada baixo a neve.
Neve non sei se haberá, pero frio e posibilidade de choiva moita.
Por parte dos Vespeinados.com de Vigo e dos Avispados de Ourense, propuseronse que celebremos o arranque da tempada de escuteradas convocando a todo o que o desexe ao "1º INVERNOVESPA - A rapa das Vespas" o próximo domingo día 25 de Xaneiro en Santiago de Compostela.
Eiquí tedes o valo:
¡Da frio só de miralo!
O programa, en principio é:
- 12:00 h Concentración na PRAZA ROJA de Santiago.
- 13:00 h Mini ruta polo Centro e arredores.
- 14:00 h Xantar pola zoa.
- 17:00 h Paseo vespertino e remate da xornada.
+ info:
- Foro de Vespeinados.com
- Blog de Vespeinados.com
- Foro de los Avispados de Ourense
- Blog de Avispados Ourense
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
miércoles, 7 de enero de 2009
Pois xa rematou o 2008 e, este ano, qué?
Pois si, xa rematou definitivamente o 2008, e digo definitivamente porque eu non considero que termina ata que as televisións volven á súa programación habitual e deixan atrás todolo especiais e recordatorios do acontecido no ano finalizado.
Este ano pasado, pola miña banda, teño que recoñecer, que foi bastante completiño:
V&L Culleredo en castelán cumpriu xa un ano; 71 entradas no blog en galego para, no fondo, non dicir nada. (¡Hai deus mio! que me convertín nun político)
Por parte de Vespa, deixouse de fabricar o xa emblemático modelo PX , a última das Vespas consideradas clásicas, debido ás estritas leis de contaminación, tras trinta gloriosos anos:
Pola miña parte, e xa que menciono a Vespa, empecei a rodar coa miña flamante (a gustos pintan cores) 160.
á espera da ansiada restaurazón da Lambretta Li.
E xa que cito a Lambretta, dicir que en 2008 cumpríronse 50 anos do lanzamento dunha das maiores novidades mundiais da súa época, a lambretta 175 TV, "a primeira e única scooter do mundo equipada con freo de disco", como dicia a publicidade da época.
E que nos espera o novo ano?
Pois quen sabe.
Eu persoalmente teño un proxecto moi moi importante para este ano, xa que a finais de Maio nacerá a miña segunda filla (Celia) e creo que non hai proxecto máis importante que ese.
Isto vaime a limitar bastante á hora de asistir a concentracións e ata poder saír algún día a rodar, pero non importa, o caso é que haberá que facer as rutas "circulando" por internet para postear sobre as nosas queridas escúteres.
Dentro dos meus proxectos de artigos atópase o comezar o "Dicionario das escúteres de chapa da historia", ou o que é o mesmo:
Hai máis de 300 marcas que, ao longo da historia, fabricaron ou proxectaron un ou varios modelos de escúter e isto hai que recordalo, está claro, en galego.
Bo pois, logo de todo o devandito,
Vespa & Lambretta deNde Culleredo > A Coruña > Galicia > España
domingo, 4 de enero de 2009
Pasou o Nadal, o ano novo e, agora, os reis
Xa pasaron os atracóns de Nadal, trocamos de ano sin máis e agora chegan as Suas Maxestades os Reis de Oriente, carregados de agasallos e ilusións.
E anque cuns aniños de retraso ...
Xa vedes que, a publicidade, coma sempre, alimentase dos nosos bos momentos e das datas sinaladas.
Como di esa gran frase cinematográfica:
"Non e nada persoal, só son negocios"
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España


