sábado, 22 de noviembre de 2008


Decorando as novas tecnoloxias

Xa que en anteriores post puxen a vosa disposizón opcions para decorar "polo interior" os vosos móbiles, agora vos presento a posibilidade de decoralos polo exterior.

Encontrei en FIX:IT, uns adhesivos de vinilo para decorar teléfonos móbiles, iPod, videoconsolas, portátiles e ata modem usb.

Que vos parece este precioso deseño:

E aplicado nun móbil quedaría tal que así:

Nunha Nintendo DS Lite:

E nun ordenador portátil:

Segundo din na páxina de Fix:it: "Todos os nosos adhesivos están feitos á medida exacta do terminal, adaptándose a el perfectamente. Sinxelos de pór e quitar, non deixan residuo algún, protexen ao terminal de arañazos e golpes. Ademais, unha vez postos: ¡Vense xenial!"

Outro deseño que tamén me gustou moito, e a coñecidisima diana mod:

E a verdade e que se adata perfectamente a calquera aparato, ista Game Boy Advance SP vese de morte:

E facendo a rimaxe fácil, "un deseño mod para decorar un iPod":

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 21 de noviembre de 2008


Isto ... dous temas máis

Xa que nun post anterior, puxenvos unha ligazón para descarregar dous temas que preparei para nokia, agora toca o turno aos archivos de tema doutras duas marcas, pero iso sí, co mesmo común denominador, as nosas queridas Vespas:

O primeiro e para Sony-Ericsson, e quedaría tal que así:







Podedes descarregar o tema dende esta ligazón.

Do tema para os móbiles Motorola, que podedes descarregar nesta ligazón, non teño imaxes xa que o fondo de pantalla e igual á primeira imaxe que vos puxen antes.

Espero que os disfrutedes.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 20 de noviembre de 2008


Máis fotos da última saida

Xa terminei de subir as 83 fotos que sacou Gerardo na saida do pasado sábado, así que eiquí vos poño unha ligazón ao albúm Picasa para o voso "desfrute e regocixo":

Saida 15-nov fotos Gerardo


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

lunes, 17 de noviembre de 2008


Fotos da saída do sábado

Ao final, o sábado, fixemos unha pequena ruta dende Sada ata Coruña, cunha paradiña nos acantilados de Seixo Branco en Mera, onde saquei esta foto:

Despois continuamos a ruta, para rematar diante do Faro de Hércules. Con esta foto deixamos constancia da nosa presencia:

Máis fotos da salida neste albúm Picasa:

Saida dos coruñeses 15_novembro

Tedes a crónica compreta da saida no foro de Vespeinados.com

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

jueves, 13 de noviembre de 2008


Este sábado hay outrora saída

Pois si, este sábado 15 de novembro, os scooteristas ártabros volvemos xuntarnos para realizar uns quilómetros de ruta.

En principio e se ninguén di o contrario, sairemos de Sada ás 10:00 horas, así que todo o que se queira animar está invitado, ofrécese:

- Cafetiño para empezar ben a mañá.
- Anos de antigüidade que achegan as nosas scooters (e nós claro que xa imos para unha idade que ...)
- Boa compañia e calor humana (si si, pero que corra o aire)
- E ao chegar a Betanzos, que menos que unhas tapiñas de despedida.

O dito, todo o que se queira "axuntar" será ben recibido.

Un saúdo.

+info no foro Vespeinados.com



PD: Deime conta que utilicei o cualificativo de "artábros" nalgunha que outra ocasión e creo que non expliquei porqué.

Segundo lin non fai moito, nun artigo en Celtiberia.net titulado "Teorías sobre A Coruña, e os seus primitivos poboadores", o cal dicía:

"(...) Estrabón dános bastantes nomes de tribos establecidas en Gallaecia. Só nomeou algunhas delas, as máis importantes ou as máis destacadas. A tribo máis importante que nos sinala é sen ningunha dúbida a dos Artabri ou Arrotrebae que é o outro nome que se lle dá (...) esta primeira designación é a que nos dan outros autores clásicos como Posidonio, Mela, Silio Itálico e Ptolomeo (...) Se se fai referencia ao Céltico Antigo Común, o etnónimo dos Artabri podería significar "do Norte". Serian entón "os do Norte" o que xeograficamente é certo "

Gustoume a idea de recuperar ese cualificativo para os scooteristas do Norte e xa que en Galicia temos moi arraigada a nosa identidade celta, que menos que facerlle unha chiscadela á historia e autoproclamarnos

SCOOTERISTAS ÁRTABROS

en honor os celtas.


Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

martes, 11 de noviembre de 2008


Crónica da saída a Ferrol e o ExpoClásicos

Finalmente a saída reduciuse a tan só tres intrépidos scooteristas do Norte (Ricardo, Fernando e un servidor), outros bos quedaron nas pavías das sabas brancas, pero haberá outros dias, non vos preocupedes.

A ruta foi de fábula dende Sada ata Ferrol, nas subidas teniamos que esperar un pouco por Ricardo, que se achegou coa 125L pero mantivemos un bo ritmo.

Despois de visitar o ExpoClásicos, fomos ata a praia de Doniños a que Ricardo cambiase de montura, (a 125L pola P200), xa que decidiron acompañarme un tramo de regreso.

Tal e como era de esperar, chegou a tan temida choiva e, en apenas 15 quilómetros, calámonos, literalmente.

Paramos a encher na gasolineira do ponte das Pias e regresou Fernando de volta, así que Ricardo e eu, continuamos baixo o intenso chuvieiro ata o cruzamento de Os Condes, en Bergondo dende onde regresou a casa.

Menos mal que, uns cantos quilómetros antes, xa parara de chover.

Encantado de coñecerte Fernando, moitísimas grazas a Ricardo e, dende aquí, animo a todos os scooteristas ártabros, para que empecemos a realizar saídas tan boas como a do pasado domingo.

PD: O único que se me esqueceu foi sacar unha foto dos tres para certificar a saída, son un desastre síntoo.

Onde si saque fotos foi no ExpoClásicos, o cal, particularmente, sorprendeume bastante, xa que había moitísimos coches e unha decena de motos cunha organización excelente.







Tedes o resto de fotos neste enlace

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

viernes, 7 de noviembre de 2008


Saida a Ferrol

Pois ao final, non xuntamos uns cantos para facer unha saída e, en principio, achegarnos a Ferrol, coa escusa do Expoclásicos.

A saida será dende Sada ás 10 h da mañá do domingo, 9 de novembro.

O punto de encontro será diante de La Terraza, este edificio tan embremático:

Xa sabedes presentacións, cafetiño e arrancamos.

A ruta a seguir será a seguinte:

Pouca cousa para comezar, uns 36 quilómetros, pero iso non quita que fagamos máis ruta pola zona de Ferrol, xa iremos vendo.

Estades todos invitados e espero que, con este tipo de acontecementos, empécese a mover o movemento scooterista no Norte de Galicia.

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España