Finalmente a saída reduciuse a tan só tres intrépidos scooteristas do Norte (Ricardo, Fernando e un servidor), outros bos quedaron nas pavías das sabas brancas, pero haberá outros dias, non vos preocupedes.
A ruta foi de fábula dende Sada ata Ferrol, nas subidas teniamos que esperar un pouco por Ricardo, que se achegou coa 125L pero mantivemos un bo ritmo.
Despois de visitar o ExpoClásicos, fomos ata a praia de Doniños a que Ricardo cambiase de montura, (a 125L pola P200), xa que decidiron acompañarme un tramo de regreso.
Tal e como era de esperar, chegou a tan temida choiva e, en apenas 15 quilómetros, calámonos, literalmente.
Paramos a encher na gasolineira do ponte das Pias e regresou Fernando de volta, así que Ricardo e eu, continuamos baixo o intenso chuvieiro ata o cruzamento de Os Condes, en Bergondo dende onde regresou a casa.
Menos mal que, uns cantos quilómetros antes, xa parara de chover.
Encantado de coñecerte Fernando, moitísimas grazas a Ricardo e, dende aquí, animo a todos os scooteristas ártabros, para que empecemos a realizar saídas tan boas como a do pasado domingo.
PD: O único que se me esqueceu foi sacar unha foto dos tres para certificar a saída, son un desastre síntoo.
Onde si saque fotos foi no ExpoClásicos, o cal, particularmente, sorprendeume bastante, xa que había moitísimos coches e unha decena de motos cunha organización excelente.
Tedes o resto de fotos neste enlace
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 11 de noviembre de 2008
Crónica da saída a Ferrol e o ExpoClásicos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario