Acabo de quedar alucinado, consultando o avance da 23.ª edición do dicionario da Real Academia Española de la lengua (RAE), deume por mirar a definición de scooter:
e resulta que esa entrada foi enmendada:
poñendo como nova definición a ese tipo de vehículo:
¡¡¡Alucinante!!!
Xa non temos scooters, temos única e exclusivamente vespas, é igual a marca, repito, simplemente
¡¡¡Alucinante!!!
Os "velliños" da RAE, deben de pensar que e a única marca que existe e existíu de scooters.
Eu non digo que non se acete "Vespa" como sinónimo de scooter, pero dicir que esta última e unha voz inglesa e a "tradución" ou "interpretación" en castelán é só "vespa" pareceme inaudito.
Un punto negativo para a RAE, por facer unha modificación como esta sin ter en conta ao resto de marcas comerciais, que obrigalles a seguir utilizando a "voz inglesa" de scooter, para facer mención a este tipo de vehículos e así evitar esta "públicidade subliminal gratuita" da marca Vespa.
Dende aquí lles ofrezo unha proposta maís castiza, como pode ser a castelanizada "escúter". Pero eu de lingua non sei nada, eu "son de cienzas".
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
PD: Despois de consultar na Wikipedia o término "scooter", di "Un escúter (do inglés scooter), chamado motoneta nalgúns países de América ...", facendo unha chamada ao pe de páxina que di: "Diccionario Panhispánico de Dudas, escúter, ortografía proposta para o que o Dicionario da Real Academia Española denomina scooter".
En dito Dicionario Panhispánico de Dudas, aparece:
¿Que pasou, dende Otubre de 2005, para que non tomaran como tradución válida, para a nova edición do dicionario da RAE, do conceto "escúter"?
Quen sabe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario