domingo, 2 de noviembre de 2008


Formula 1, Alonso 5º

Finalmente rematou a tempada de Formula 1 e menos de regular, pódese describir de calquera outra xeito.

Non se esperaba Hamilton este desenlace final.

Esta vez non houbo fallo cos botóns nin equivocacións pola inexperiencia, porque perder un mundial por un erro infantil xa sabe o que é.

Menos mal que a desición de non cambiar neumáticos no último suspiro non se lle ocurriu a el e tivo a sorte de saír beneficiado.

Hai que darlle os

!!! Parabéns ao campión !!!

Síntoo por Massa, non me estraña que chorase desconsolado.

Ao noso asturianu pois nada, a esperar ao ano que vén, o único darlle un consello (xa que son gratis), a próxima vez que lle digan que ten que facer un anuncio, no que lle adianta ata a avoa no tacataca, mellor que so pense.

Parece que foi premoritorio por parte dos de ING, pero a parte boa é que nos ofreceron unha preciosa Vespa vermella con sidecar, que tamén adianta ao Renault:




Este e o anuncio:





E aquí tedes o enlace.

No fondo foi unha mágoa que o campionato non durase catro ou cinco carreiras máis xa que o final de tempada de Alonso foi o dun bi-campión, e o seu quinto posto así o demostra.

Veremos que nos depara a próxima tempada, que por certo, xa que comprou os dereitos de emisión La Sexta, gozarémolo os que esteamos "antenizados".

Xa estou oíndo as retransmisións: "... tiqui, taca, Lobato, tiqui, taca".

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: