Acábome de enterar, grazas ao foro de Vespeinados.com, que esta fin de semana celébrase na FEIRA INTERNACIONAL DE MOSTRAS DO NOROESTE (FIMO) en Ferrol Expoclásicos, I Salón Internacional de Vehículos e Motocicletas de Época
Segundo dise na web de FIMO:
""O I Salón de Vehículos e Motocicletas de Época, Expoclásicos 2008, abrirá as súas portas ao público o venres, día 7 de Novembro no recinto feiral de Ferrol ás 16:30 horas.
O Horario para o resto do fin de semana será o seguinte:
Sábado, 8 de Novembro --> 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas
Domingo, 9 de Novembro --> 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas"
Contan coa participación de firmas comerciais do sector, tanto os dedicados especificamente a compra-venda de automóbiles e motocicletas de época como aos accesorios, recambios e complementos orixinais, o coleccionismo, etc.
Os clubs e colectivos de afeccionados aos vehículos clásicos terán tamén o seu espazo no certame.
Estase medio preparando unha saída o sábado, dos scooteristas da zona Ártabra (Betanzos, Coruña, Culleredo, Ferrol, Sada, ...) para asistir a este certame.
+info: Foro de Vespeinados.com
PD: Non vos olvidedes que este fin de semana é o mercadillo e exposición de motos antigas en Goian (Pontevedra), tal e como xa vos dixera neste post.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
martes, 4 de noviembre de 2008
Expoclásicos en Ferrol, do 7 ao 9 de Novembro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario