Pois si, este sábado 15 de novembro, os scooteristas ártabros volvemos xuntarnos para realizar uns quilómetros de ruta.
En principio e se ninguén di o contrario, sairemos de Sada ás 10:00 horas, así que todo o que se queira animar está invitado, ofrécese:
- Cafetiño para empezar ben a mañá.
- Anos de antigüidade que achegan as nosas scooters (e nós claro que xa imos para unha idade que ...)
- Boa compañia e calor humana (si si, pero que corra o aire)
- E ao chegar a Betanzos, que menos que unhas tapiñas de despedida.
O dito, todo o que se queira "axuntar" será ben recibido.
Un saúdo.
+info no foro Vespeinados.com
PD: Deime conta que utilicei o cualificativo de "artábros" nalgunha que outra ocasión e creo que non expliquei porqué.
Segundo lin non fai moito, nun artigo en Celtiberia.net titulado "Teorías sobre A Coruña, e os seus primitivos poboadores", o cal dicía:
"(...) Estrabón dános bastantes nomes de tribos establecidas en Gallaecia. Só nomeou algunhas delas, as máis importantes ou as máis destacadas. A tribo máis importante que nos sinala é sen ningunha dúbida a dos Artabri ou Arrotrebae que é o outro nome que se lle dá (...) esta primeira designación é a que nos dan outros autores clásicos como Posidonio, Mela, Silio Itálico e Ptolomeo (...) Se se fai referencia ao Céltico Antigo Común, o etnónimo dos Artabri podería significar "do Norte". Serian entón "os do Norte" o que xeograficamente é certo "
Gustoume a idea de recuperar ese cualificativo para os scooteristas do Norte e xa que en Galicia temos moi arraigada a nosa identidade celta, que menos que facerlle unha chiscadela á historia e autoproclamarnos
SCOOTERISTAS ÁRTABROS
en honor os celtas.
Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España
No hay comentarios:
Publicar un comentario