martes, 1 de febrero de 2011


Crónica do III Invernovespa

Pois xa pasou a 3ª edición do Invernovespa e pódese dicir que foi un rotundo éxito.

O sábado achegámonos 30 intrépidos ata Melide (A Coruña) para gozar dunha cea na pulpería Ezequiel.

Despois dirixímonos a gozar da noite melidense e iso fixemos ... gozámola toda....



Ao dia seguinte (e bastante canso), concentrámonos todos no Palacio de Congresos de Melide, onde ao final nos xuntamos 115 motos e mais de 160 persoas, todo un éxito de convocatoria.

Eiquí as "fichaxes" no photocall:



Despois fómonos a realizar unha pequena ruta polo pobo (xa que moitos levaban demasiados quilómetros encima como para facer un gran percorrido), e aproveitamos para visitar a zona vella de Melide:

Para finalizar nunha comida de confraternidade no Hotel Carlos 96.

As miñas fotos da concentración:



O resto de fotos nos distintos foros escuteristas galegos:

- Foro Golfos Artabros Escuter Clube
- Foro Avispados
- Foro Vespeinados

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: