viernes, 4 de febrero de 2011


Retro Auto Galicia - Dia da moto

Do 18 ao 20 deste mes, celebrarase no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, o I Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia, Retro Auto Galicia.

A organización corre a cargo da empresa Eventos do Motor, S.L., que é tamén a organizadora do maior certame de clásicos da Península Ibérica, AutoClássico Porto, Salón que desde fai oito anos celébrase anualmente na cidade portuguesa do Porto.

É de agradecer que, dunha vez por todas, óptese tamén por Galicia para a organización dun salón relacionado cos vehículos clásicos, xa que a afección cada vez é maior e non todo o mundo pódese desprazar a grandes salóns como o xa mencionado do Porto, Madrid ou Barcelona.

Ademais da exposición de grandes xoias da automoción, haberá un pavillón do recinto dedicado ao mercadillo de pezas e vehículos.

E dentro das actividades paralelas que se van a celebrar durante o Retro Auto Galicia, o domingo 20 festexarase o "Día da Moto", polo que todos os afeccionados que se despracen ata o Salón nas súas clásicas terán un desconto de 2 € na entrada. Ademais, habilitarase un Parking na zona de entrada para estacionar os vehículos.

+ info:

- Eventos del Motor

Vémonos alí!!!!!!!!!!

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: