lunes, 7 de febrero de 2011


Retro Auto Galicia -Concentración Vespa e Lambretta

Como vos contaba o pasado venres, o vindeiro domingo día 20, dentro das activades programadas polos organizadores do Retro Auto Galicia, I Salón do Vehículo Clásico e de Época de Galicia, festexarase o "Día da moto".

Pois ben, coincidindo con este acontecemento, os amigos de Eventos del Motor, pensaron en nós, os escuteristas, e convócannos para celebrar a I Concentración de Vespas e Lambrettas Retro Auto.

Non sei que pensaredes vós, pero eu non vou deixar pasar a oportunidade que nos brindan e, sigo pensando que, para unha vez que se interesa alguén por facer un salon de vehículos antigos en Galicia, que menos que entre todos apoiémolo en maior ou menor medida.

Así gañamos todos ....

Vespa & Lambretta dende Culleredo > A Coruña > Galicia > España

No hay comentarios: